Saltar navegación

Despregables

A ferramenta de software libre eXeLearning permítenos crear contidos cun acabado de calidade. Neste sentido, os efectos Fx son un dos elementos máis interesantes cos que podemos enriquecer o noso material.

Fx1
Seleccionar Fx

Existen 5 tipos de efectos Fx: acordeón, lapelas, paxinación, carrusel e liña de tempo. A construción ou PASOS para inserir os efectos é sempre a mesma, escollendo no inicio o tipo de efecto desexado:

1. Prememos no botón Fx do editor.
2. Na xanela que se amosa, seleccionaremos a opción que nos interese, por exemplo, Paxinación e dámoslle a Aceptar. A mesma xanela iranos ensinando o aspecto final de efecto escollido.

paxinación
Escoller o efecto desexado

3. A continuación aparecerá un recadro con dous encabezamentos (que poderemos editar para pór o título que desexemos) e dous espazos para escribir contido a amosar ou colapsar. Poderemos editalo e incorporar calquera tipo de recurso multimedia. Na esquina superior dereita indicaranos sempre o tipo de efecto que escollemos.

Paxinación 2
Aspecto do recadro

4. Para continuar engadindo elementos no recadro, só debemos escribir e editar a parte do texto que será o título con formato "Encabezamento 2". O resto de texto continuará en formato de texto.

Encabezamentos
Inserir novo contido no recadro

Se unha vez creado un efecto, este non nos satisfai, podémolo cambiar se prememos de novo o efecto e seleccionamos outra opción, sen necesidade de volver editar o contido.

Información

Para saber máis podemos consultar o vídeo Crear efectos acordeón, lapelas, paxinación e carrusel en eXeLearning.

Efectos FX: liña de tempo

O botón  efecto  permítenos crear varios efectos nos nosos contidos.

O efecto "Liña de tempo" permite cambiar rapidamente o que se está vendo sen necesidade de cambiar de páxina.

Exemplo 1

Exemplo de efecto LightBox sobre imaxe.

Ao facer clic amosa unha imaxe.

exe kids

Exemplo de efecto LightBox sobre imaxe.

Ao facer clic amosa un vídeo.

exe kids

Exemplo de efecto LightBox sobre imaxes e vídeo en galería.

  

Exemplo 2

Exemplo de efecto LightBox sobre imaxe.

Ao facer clic amosa un vídeo.

exe kids

Exemplo 3

Exemplo de efecto LightBox sobre imaxes e vídeo en galería.

  

 

Caso práctico

Crear un efecto tipo Liña de tempo será moi sinxelo. Para iso seguiremos os seguintes pasos:

1. Faremos clic no botón Fx do editor.

2. Na xanela que se amosa, seleccionaremos a opción "Liña de tempo".

acordeón botón

3. Crearase unha caixa con varios encabezamentos (que poderemos editar para poñer o título que desexemos) e espazos para escribir contido a mostrar ou colapsar. Poderemos editalo e incorporar calquera tipo de recurso multimedia.

caja fx

4. Para crear un novo elemento da lista, escribiremos o título que queiramos incorporar e o contido desexado dentro da caixa Fx creada. Marcaremos o título e seleccionaremos a opción de formato "Encabezamento 2" ou "Encabezamento 3" segundo se trate.

Cedec. Efectos: liña de tempo (CC BY)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)