Vimos como crear un recurso básico con eXeLearning, creando unha estrutura e incluíndo textos, ligazóns, imaxes, materiais incrustados... Porén, eXeLearning permítenos engadir outro tipo de elementos que enriquezan o recurso, favorecendo un aspecto máis atractivo e interactivo.
Como podemos enriquecer os nosos proxectos educativos con eXeLearning?
A orixinalidade de eXeLearning reside nas súas calidades técnicas polo feito de ser aberto, gratuíto e multiplataforma, xa que permite a creación de contidos educativos dixitais que se poden exportar a varios formatos sen coñecer a linguaxe de programación. Pero ademais destas calidades intrínsecas, a ferramenta ofrece recursos para un deseño orixinal, enriquecendo a aparencia do contido que creamos:
- Facilidade para dividir, cortar e unir ou mesturar calquera proxecto coa función de exportación/importación da páxina.
- Efectos atractivos que dinamizan a presentación de contidos.
- Posibilidade de ocultar información en listas despregables, para ofrecer un acabado máis limpo e ordenado.
- Globos de axuda (ToolTip) sobre palabras ou imaxes en forma de burbulla.
- Ampliación da información sobre imaxes ou textos co efecto Lightbox.
- Incorporación de un mapa mental.
- Gravación de audio.
- Optimización da imaxe.
- Variedade de actividades interactivas: GeoGebra, lista desordenada, pregunta de escolla única, selección múltiple e verdadeiro-falso, encher ocos, vídeo interactivo...
- Posibilidade de engadir anexos.
- Posibilidade de descargar o ficheiro fonte do propio recurso, para modificalo a vontade.
No caso dos REA, este último aspecto é determinante xa que, como vimos, canto máis fácil sexa modificar o recurso, máis aberto estará.