Un ToolTip ou bocadillo ou globo de axuda que ofrece información dun termo ao pasar o rato sobre a palabra. Lembran aos post-it de cores cun acabado rectangular ou máis arredondado. Normalmente utilízanse para explicar vocabulario ou ampliar información, pero debemos saber que non permiten textos moi extensos. Isto é un exemplo de ToolTip.
PASOS:
1. Seleccionamos a palabra sobre a que queremos incluír o ToolTip
2. Prememos sobre o símbolo de bocadillo
3. Na lapela Xeral escollemos unha das tres opcións dispoñibles: Texto, Definición ou Páxina
4. En Páxinas escollemos a páxina na que estamos editando o bocadillo.
5. En Título da ligazón escribimos o texto queremos que apareza no bocadillo.
6. Na lapela Comportamento definimos como queremos que se interactúe co bocadillo.
7. Por último, na lapela Aparencia escollemos a estética do bocadillo.
![]()
Para máis información, consultar os vídeos como crear un bocadillo ou ToolTip de texto e como crear un bocadillo ou ToolTip de tipo definición.

Isto é un ToolTip de definición. Pódese editar, formatar e incluír imaxes no recadro amarelo que aparecerá ao final do iDevice en modo edición.