Saltar navegación

Erros típicos

Nesta sección recollemos unha lista de erros típicos ao traballar coas funcionalidades eXe vistas ata agora:

  • Erro ao descargar o ficheiro fonte do iDevice. Normalmente o erro prodúcese porque non completamos correctamente os campos da lapela "propiedades" ou, se o fixemos, non prememos en gardar:
Lapela Propiedades
Gardar na lapela de propiedades
  • Produciuse un erro ao crear unha lista de definicións. Un erro típico é non estar no lugar correcto para engadir a seguinte palabra na lista de definicións e comezar accidentalmente a crear unha nova lista. O erro móstrase do seguinte xeito:
Erro na lista de definicións
Erro na lista de definicións

O problema foi que non fixemos clic no botón de listas de definición estando ao final da última definición de termo, senón que baixamos máis abaixo, comezando en realidade unha nova lista.

Exemplo de lista de definicións
Erro ao engadir un termo á lista de definicións
  • Erro ao optimizar unha imaxe. É importante lembrar que:
    • Debes activar a caixa "Optimizar imaxe" ANTES de seleccionar a imaxe
    • Para modificar unha imaxe optimizada, primeiro debes gardar o iDevice ou seleccionalo de novo.
  • Erro ao deseñar os Xogos. Para que se garde as cualificacións ou resultados dun xogo que se incorpore a Moodle dende un proxecto de eXeLearning, é preciso configurar a lapela SCORM, dispoñible co modo Usuario Avanzado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)