Saltar navegación

Optimizador de imaxes

Á hora de crear recursos dixitais é sumamente importante optimizar as imaxes que incluímos para non sobrecargar o peso do arquivo innecesariamente. Ao inserir unha imaxe, temos a posibilidade de optimizala, reducindo así o seu peso.

Optimizar imaxe

Para utilizar esta funcionalidade debemos seguir os seguintes pasos:

  • Marcar a opción "Optimizar imaxe" antes de seleccionar a imaxe no noso equipo.
  • Facer clic na icona de procura buscar
  • Seleccionar a imaxe entre os arquivos do equipo.

Optimizar imaxe

  • Definir o tamaño máximo que pode alcanzar calquera das dimensións. No caso de imaxes con extensión .jpg tamén se poderá seleccionar a calidade.

Optimizar imaxe

  • Unha vez optimizada (pódese ver a diferenza de peso na parte inferior) faremos clic en Finalizar.
  • Se necesitamos editar de novo a imaxe, teremos que gardar antes o iDevice.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)