
A TRANSFERENCIA DA FORMACIÓN. FORMACIÓN PARA CAMBIAR
PROFESORA ELENA CANO GARCÍA. UNIVERSIDAD DE BARCELONAA profesora Cano retomou as nosas conclusións da sesión anterior, as nosas
"claves para cambiar", e procurou unha reflexión operativa. Con ela tomamos conciencia das diferentes caras da avaliación das nosas actividades:
- A avaliación da satisfacción, da sensación que causan
- A avaliación da aprendizaxe, dos coñecementos adquiridos
- A avaliación da transferencia, do traslado destes coñecementos ás aulas
- A avaliación do impacto, da influencia do anterior na realidade, na aprendizaxe do alumnado
Tomamos tamén en consideración a necesidade - e as técnicas precisas - de elaborar
INDICADORES que nos permitan medir e valorar algunhas (non todas, claro) das nosas ideas de cambio.
E valoramos tamén - e isto é fundamental e moi suxestivo - a necesidade de "
VOLTEAR" o xeito de elaborar os noso proxectos.
A avaliación, no canto de ser o último punto, ao que chegamos despois dunha exposición de obxectivos e contidos (que queremos "dar"),
debe ser o primeiro punto a redactar. A primeira cuestión a tratar.
O que queremos conseguir debe ser o cerne dos nosos proxectos.E incluso dentro desta avaliación, deberiamos comenzar tamén polo último punto, isto é: o impacto que pretendemos.
Que queremos cambiar? Esa tería que ser a primeira pregunta a facerse.
Interesantes, e importantes conclusións para dúas sesións realmente ilustrativas.
DOCUMENTOS