FACENDO MAPAS. MIRADAS DESDE OUTROS ÁNGULOSDous obxectivos: coñecer outros proxectos semellantes e reflexionar xuntos sobre as dificultades, os atrancos que todos atopamos no camiño. E un método: a creación de mapas mentais, de metáforas visuais para simbolizar as nosas reflexións.
Abofé que tivemos unha sesión interesante. Despois da sorpresa inicial, moitas das creacións dos grupos resultaron espectaculares. Semella que o feito de apelar á creación artística, ao debuxo, ás cores, ás metáforas... axuda. Pero non esquezamos para que o fixemos. Os obxectivos da sesión estaban sempre detrás da proposta.
Así pois coñecémonos, falamos dos nosos proxectos, revisamos os aspectos fundamentais, as dificultades e problemas... incluso o pasamos ben! Bueno.
