Os produtos finais adquiren moito máis poder se estes son publicados na Rede. Podemos facer viaxar calquera das nosas creacións por todo o mundo, dende un cómic ata un programa de televisión.
¿Qué plataformas existen? ¿qué opcións temos? ¿Só podemos publicar contido escrito? ¿Que parámetros preciso coñecer?
Estas son as preguntas que vos faredes ao publicar o voso contido directamente en Internet.
Co noso produto creado e a piques de ser publicado, asáltanos a dúbidda da licenza: os dereitos de copia, recreación e redifusión que lle otorgamos ao receptor do noso produto.
O que queiramos facer con el ou o que lle permitamos definirá parte do noso produto e as súas posibildiades de acordo co noso pensamento.
Existen tantas opcións de compartir na Rede como plataformas podemos atopar. As tecnoloxías da comunicación permítennos hoxe poder espallar a nosa mensaxe utilizando o noso móbil ou a nosa computadora, conectar cunha persoa en concreto ou cun público enorme.
Podemos compaxinar moitas das posibilidades ata conformar o noso sistema de promoción de produtos creados pero tamén utilizalas como ferramentas desde asqueconfigurar o noso PLE.
Stephen King