O cómic converteuse ao longo do tempo nunha linguaxe en si mesma, nunha forma artística que presenta correntes vangardistas e culturais únicas que a converten nunha arte.
Somo unha xeración que naceu e creceu lendo cómics, que coñece o manga ao igual que as tiras de superheroes. Hoxe en día é difícil atoparse con alguén que non teña lido algún cómic. Os pequenos están accedendo a este tipo de lecturas, por iso resulta tan importante utilizalos como vehículo de coñecemento.
Contar en viñetas unha historia, un proceso, un concepto, una idea ou amosar accións e emocións , todo pode crearse cunha linguaxe coa que nos levamos deleitando como lectores desde que somos pequenos.
Pasemos a ser creadores de cómic.