Cando xa temos creado o noso produto baseado en texto, imaxe, vídeo, son… podemos aloxar o resultado final nalgunha das plataformas que permiten a súa exposición. A rede está chea delas e cada unha diferenciase doutras polas caracerísticas, prezos, soportes…
Un segundo paso que nos permite a Web 2.0 é unir o noso espazo na rede: o portal do centro, o blog de aula, a páxina de facebook… cos produtos publicados de xeito que podemos incrustar ese contido a través do uso de código HTML, algo así como un portal directo que conecta o noso lugar na Internet e a plataforma escollida para publicar o contido.
O xeito máis sinxelo e potente para compartir documentos de texto que permita a súa edición e modificación en tempo real e multiusuario pasa por usar aplicacións como Google Docs sendo a opción máis coñecida pero non a única.
Outras interesantes alternativas son:
Microsoft Office Online
Zoho Docs
OnlyOffice
Dropbox Paper
Etherpad
Apple iCloud
Existen diversas opcións para aloxar e compartir vídeos creados por nós mesmos. A máis coñecida de todas elas é Youtube que consegue atraer a mil millóns de usuarios e dar nome a un novo creado/emisor de contidos na Rede, son os coñecidos “youtubers”, como o famoso PewDiePie con máis de 45 millóns de suscritores.
Outras alternativas menos coñecidas pero non menos interesantes son:
Vimeo
Dailymotion
Blip
Ao igual que en vídeo, pero en menor medida, existen plataformas na Rede onde aloxar as nosas creacións musicais (cancións, instrumentacións…) ou vogais (charlas, entrevistas, programas de radio…) e poder compartilas de xeitos moi dinámicos.
As principais referencias para este tipo de contidos son:
Soundcloud para música
Spreaker para programas de radio
As presentacións online están collendo un gran protagonismo, con plataformas que permiten a publicación e tamén a creación das mesmas.
A máis popular é SlideShare que só permite aloxar e compartir.Pero existen numerosas e potentees alternativas como:
Scribd
Calameo
eMaze
SlideOnline
Tamén existen aplicacións que converten o documento (texto ou presentación) a HTML para a súa incorporación á web.
FlipHTML5
FlexPaper