IMAXE

A imaxe é unha linguaxe en si mesma; podemos atopala ao noso arredor, circulando na publicidade, no cine, na arte, nos libros de texto… Vivimos rodeados delas e utilizámolas continuamente na nosa vida cotiá.

Aprender a combinar cores, formas, perspectivas... é aprender a emitir unha mensaxe utilizando outro tipo de canle.
Aprender a ler e crear imaxes é parte da alfabetización dixital e unha necesidade para o noso alumnado.

A través de imaxes podemos explicar procesos complexos, imaxinar lugares afastados e describir personaxes incribles.

Existen innumerables aplicacións e ferramentas das que podemos noso dispor para o traballo coas imaxes; aquí tedes algunhas propostas:

THINGLINK

Esta plataforma web 2.0 e app para dispositivos Android e iOS permite, utilizando dunha imaxe como referencia, crear puntos de interese nos que inserir contido textual, de imaxe, vídeo, ligazóns… construíndo una imaxe interactiva. Desde hai pouco tempo tamén permite crear imaxes interactivas inmersivas de 360º para seren utilizadas en contornas exploradas con sistemas de realidade virtual.

Descarga aquí a app para iOS

Descarga aquí a app para Android

PICMONKEY

Esta plataforma da Web 2.0 (cunha app para dispositivos táctiles en camiño) permítenos editar parámetros da imaxe como o ton, luminosidade, curvas, transparencia.

Tamén inclúe ferramentas para incorporar textos e crear colaxes.

GIMP

É a ferramenta de edición de imaxe de código libre máis coñecida do mundo. Podemos traballar calquera elemento da imaxe e está presente en todas as plataformas de escritorio.

Páxina oficial para a descarga

CANVA

Aínda que esta plataforma web 2.0 e app para dispositivos iOS permite igualmente editar fotografías, o seu punto forte é a creación de deseños nos que se integran tanto texto como imaxes, logotipos, símbolos.
Desde Canva podemos crear carteis, distintivos, báners, cabeceiras…

Descarga a app para iOS

CASOS PRÁCTICOS