INFOGRAFÍA

De seguro que tes visto algunha infografía. Calquera explicación de eleccións, estadísticas, explicación de conceptos complexos para non iniciados na materia, conceptos científicos...

As infografías amosan de xeito sinxelo algo que require moito tempo de amosar, utilizan imaxes, iconas, diagramas e moi pouco texto. Non é unha linguaxe en si mesma pero si un compendio de varias formas de amosar a información.

Hoxe en día podemos realizar infografías con diversas ferramentas informáticas tanto en aplicación de escritorio como a través de Internet. As posibilidades son enormes.

CASOS PRÁCTICOS