A posibilidade de crear e visualizar contidos dixitais abre fronteiras antes inimaxinables.
Existen moitísimas opcoión para crear capas de información que se superpoñen á realidade, remiten a un lugar na Rede, amosan contornas inmersivas a partir do que vemos ao noso arredor, ou noslean a outros lugares no mundo.
Temos ao noso alcance diferentes ferramentas para crear códigos QR, producir elementos informativos de realidade aumentada que se visualizan através dos dispositivos móbiles e incluso podeowcrear capas de información en mapas para localizar calquera obxecto ou persoa.
O único que precisamos é dispor dun dispositivo dixital e unha aplicación de software axeitada para a creación deste tipo de elementos dixital.
As posibilidades son enormes.
A través dun pictograma xerado como patrón único cunha aplicación de xeración de códigos QR ou códigos BIDI, o lector accede á información almaceada nel e permite ao usuario amosar certa información como o nome e contrasinal dunha rede wifi, a información de contacto persoal, viaxar ata unha localización nun mapa ou abrir unha página web.
É unha das formas más sinxelas e interesantes nas que mesturar o mundo analóxico co dixital.
Hoxe en día podemos localizar nun mapa dixital case calaquera cousa: comercios, lugares naturais, edificios emblemáticos, rúas… incluso ata nós mesmos, e dende esa ubivación poder realizar rutas entre dous puntos segundo o noso interese.
Educativamente podemos xogar coa situación de elementos que se atopen en calquera parte do mundo ou ben situar aqueles que poidan ser do noso interese.
Esta nova tecnoloxía, moi ligada aos dispositivos móbiles, permite ao aobservador recibir información en formato dixital segundo oas elementos que aparezan na pantalla.
Esta pantalla recibe imaxe real recollida a través dunha cámara que, xunto co software axeitado, amosa os elementos solicitados. Non só ten en conta a localización do observador senón tamén recoñece patróns e obxectos reais, elementos cos que xoga para aportar os resultados en formato dixital.
Ao contario da Realidade Aumentada (AR) os mundo virtuais (VR) créanse desde cero en deseño 3D, podendo sumerxirnos neles usando uns dispositvios específicos como as gafas “Oculus Rift” ou o casco da "Sony PlayStation 4" ou ben adaptando un teléfono intelixente a unhas gafas especiais.
O resultado é un mundo inmersivo que responde ao noso movemento grazas ao xiroscopio e incluso podemos realizar accións básicas.