A parte final do proceso: compartir o que sabemos cos demáis. Hoxe en día temos ao noso arredor unha infinidade de opcións para facer chegar a nosa mensaxe, o noso produto ou a nosa creación máis lonxe, a outros idiomas e para calquera persoa que queira escoitarnos.
As posiblidades son enormes e sáense fora do que estimamos como aprendizaxe, teñen unha connotación social que acabou por cambiar a sociedade actual, son as redes sociais.
Pero existen mais opcións: o clásico correo electrónico, que conta xa con máis de 50 anos de vida, a mensaxería que nos permíte acceder aos nosos círculos de influencia en tempo real ou as plataformas de publicación masiva con influencia nas tendencias actuais. Cada unha delas ten unha serie de caracteristicas que a diferencian do resto e que a converten na mellor opción dependendo da finalidade.
Sistema de comunicación electrónica que permite aos usuarios enviar e recibir mensaxes dixitais. Leva con nós máis de 50 anos desde a súa invención no MIT.
Conta cun login (nome de usuario) seguido da grafía “@“ (at) seguido dun nome de dominio de segundo nivel ("xunta") e finaliza cun dominio de primeiro nivel, de pais ou rexional (.gal)
nomedeusuario@xunta.gal significa que esa persoa ten conta para enviar e recibir correos electrónicos nos servidores que a Xunta, como entidade que controla o dominio “xunta" mantén conectados ao dominio .gal
Whatsapp, Line, Telegram, Messenger, iMessages… os principais integrantes da listaxe de aplicacións que nos permiten enviare recibir mensaxes entemo real.
Case ninguén lembra os extintos MS Messenger ou o AOL AIM, dos primeiros en facerse un hoco importante.
Grazas á mensaxería instantánea volveuse a popularizar os GIFs, memes, emoticonos e ata tempos un novo xeito pictográfico de comunicación, o xa coñecido emoji.
A segunda rede social en número de usuarios, é unha das mais usadas na contorna educativa e a máis activa cando se trata de eventos como congresos, xornadas…
O seu uso é moito maior en dispositivos móbiles, creandose incluso apps de terceros para manexar contas e extendeu a utilización de acortadores de URL.
Famoso por utilizar uns termos técnicos como “hashtag” (cancelo) e twitt (chío), é un perfecto elemento para espallar mensaxes..
A primeira rede social por número de usuarios e cantidade de información que manexa. Todo un fenómenos social que espandeu por todo o globo a sociabilidade máis aló do círculo social próximo.
Permite crear páxinas e perfiles de usuario propios, e seguer a outras páxinas e perfiles que acaban conformando o famoso “muro”.
Dun tempo a esta parte o uso de vídeo directamente en Facebook comezou a facer sombra á pataforma Youtube e agora mesmo é un dos impuslores do fenómeno VR (Realidade Virtual).
Mark Zuckerberg