Todo produto ten unha licenza. Aínda que específicamente non apareza, esta será a do © “copyright” .
este tipo de licenza é a máis coñecida, pero ao mesmo tempo é a máis restrictiva de todas elas. A partires de 2001 nace "Creative Commons" liderado por un grupo de directores de diferentes áreas sociais, culturais e empresariais, publicando en 2002 a primeira versión da licenza Creative Commons. Hoxe e ndía estase a utilizar a versión 4.
Resulta esencial ensinar ás nenas e nenos a utilizar correctamente os produtos que xa se atopan na rede, coñecer as súas limitacións de uso e intentando respectar ao máximo os dereitos dos creadores. Pero resulta aínda máis importante que o alumnado cre o seu propio produto utilizando unha licenza que permita espallar o coñecemento e manter aqueles aspectos que eles, como creadores, consideren manter baixo control.