Contamos con moitas formas de explicar sucesos, conceptos ou procesos. Algunhas das cousas que tentamos facer chegar conteñen en si mesmas un elemento temporal, un periodo de tempo que é parte esencial do mesmo.
Para este tipo de explicacións podemos usar outras técnicas, como por exemplo a liña de tempo. Con ela podemos amosar calquera suceso histórico, proceso temporal ou biografía que pode ser amosado e explicado ao longo do tempo, amosando a información dun xeito concreto que facilita a súa asimilación e contextualización.