A música é unhas das formas de creación e representación máis potentes do home, ligada ás mesmas estruturas mentais que os procesos lóxico-matemáticos, permite desenvolver tamén elementos emocionais como ningunha outra arte. Pero tamén o uso da voz para a oralidade permite desenvolver estruturas lingüísticas.
O traballo con podcast e radio escolar son perfectos produtos de creación de coñecemento: buscar información, crear cronogramas minuciosos de traballo, traballar con diferentes roles dentro dun grupo, desenvolver a interdependencia.
Coa música, o ser humano creou un elemento atemporal e tamén existe grazas a él. A música conecta con partes do cerebro que ningunha outra tarefa consegue facer, e tamén coa nosa parte emocional. Poucas cousas teñen tanto poder como a música.
Todas estas cousas e máis é posible só usando o audio: a nosa voz, o son, a música.