Saltar navegación

Vantaxes do proxecto

  1. Cada alumno/a e cada docente dispón do seu propio equipo informático con conectividade, soporte técnico e garantía.
  2. Dispoñibilidade de múltiples fontes de recursos, personalizables nun mesmo entorno de traballo.
  3. Facilita recursos e materiais que favorecen a implantación dun modelo híbrido.
  4. Posibilidade de integrar recursos propios creados con diferentes ferramentas.
  5. Facilidade á hora de colaborar co profesorado do propio centro na elaboración de contidos.
  6. Adaptación a diferentes metodoloxías de traballo na aula. Integración con outros proxectos do centro e traballo interdisciplinar.
  7. Mellora da competencia dixital do alumado e profesorado. Seguimento da actividade diaria e resultados académicos.
  8. Integra sistemas de comunicación entre iguais e alumnado-profesorado que poden ser controlados polo centro en calquera momento.
  9. Incorpora aplicacións e sistemas de seguridade para a navegación e o acceso aos recursos, facilitando a monitorización e seguimento da actividade do alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)