Descrición da maqueta abalar libre
A maqueta Abalar (ABALINUX) presenta, entre outras, as seguintes vantaxes:
- Un sistema operativo lixeiro e rápido.
Os requerimentos de hardware para correr esta maqueta son moito menos esixentes que os equivalentes en sistemas operativos Windows.
- Libre e gratuíto.
Desaparece a problemática das licenzas de uso e instalación, tanto para os sistemas operativos como para as aplicacións, xa que toda a maqueta está construída con software libre e gratuíto.
- Un sistema operativo seguro.
Deixan de ser unha preocupación os habituais problemas causados polos virus informáticos e o malware, tan típicos dos sistemas operativos Windows.
- Robusto e fiable.
A gran robustez e fiabilidade do sistema operativo Debian facilita en gran medida o seu mantemento e actualización.
- Facilidade de actualización.
A propia maqueta dispón dun actualizador automático que permite ter ao día as diferentes aplicacións.
Máis información sobre a maqueta e a súa versión libre en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/maqueta-abalar-libre