Dúbidas nas tarefas básicas
Que datos é imprescindible ter actualizados en XADE?
Para que tanto o profesorado como o alumnado podan acceder ao EVA (entorno virtual de aprendizaxe) e polo tanto ás materias. No XADE haberá que ter actualizada a seguinte información:
- Grupos de alumnado creados.
- Asignado o profesorado aos grupos e ás materias.
- Ter cargado na aplicación de cargos ao Coordinador/a Edixgal (aparecerá na pestaña de cargos no XADE).
- Ter identificados os cursos e as materias Edixgal.
- Ter actualizada en todo momento a matrícula para actualizar posibles altas/baixas de alumnado (e polo tanto o acceso ao EVA).
Teño que matricular os alumnos no meu curso no EVA?
Non, durante os primeiros meses do curso académico o Xade proporcionará os datos ao EVA, matriculando os alumnos automaticamente.
Se durante o curso houbera cambios no XADE en canto a agrupamentos, cambios de grupo, profesorado, etc. e estes cambios non se sincronizaran habería que contactar co Soporte Premium para poder realizar os cambios oportunos.
Que pasa cando un/unha profesor/a ou un/unha alumno/a non pode entrar no EVA?
Revisar o XADE:
- Relativo ao profesor ten que estar asignado ao grupo e a materia
- Relativo ao alumno ademais de ter as credenciais de acceso ten que estar matriculado e asignado ao grupo
- Para que se fagan efectivos os cambios feitos no XADE temos que esperar á sincronizacón co EVA.
Que credenciais temos que utilizar para acceder á plataforma virtual de aprendizaxe - EVA?
O profesorado accederá á plataforma usando as credenciais da súa conta de usuario corporativa, empregada tamén no acceso ao correo.
O alumnado empregará as credenciais facilitadas por medio da ferramenta de xestión de credenciais.
Se o alumnado esqueceu as credenciais, quen llas facilita de novo?
Calquera docente que lle dea clase, desde o apartado "O meu escritorio > Xestión de credencias" pode consultar e modificar os contrasinais do alumnado.
A persoa substituta que cubre a baixa da persoa titular pode acceder ó EVA?
Unha vez realizada a xestión no XADE, tanto a persoa substituta como a substituída pode acceder ó EVA e ós cursos e materia asignados en XADE.
Un docente que imparta unha materia que non estea implicada no proxecto, pode empregar o EVA?
Si. Todo o profesorado do centro que forma parte dun nivel/grupo integrado no proxecto poderá acceder e empregar o EVA e os recursos asociados desde o proxecto para esa materia.
As familias poden acceder ao entorno virtual de aprendizaxe do alumnado?
Si, empregando as credenciais do seu fillo/a.
Unha forma sinxela de facer este seguimento é a través da app Moodle Mobile, onde as familias se poderían rexistrar coas credenciais do seu fillo/a e acceder á mensaxería, tarefas, materiais, etc.