Os inicios do proxecto
![]() |
![]() |
![]() |
Dende o ano 2010, vense desenvolvendo o Proxecto Abalar, coma unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de todas a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes, alumnado. Para conseguilo, Abalar proporciona aos centros e a comunidade educativa os seguintes elementos:
- A conectividade e o equipamento
- Os entornos virtuais de traballo e os contidos dixitais
- Accións de formación e difusión para docentes e familias
- Canles de participación a través de espazos webs, app e ferramentas; tanto para docentes como para familias.
Dado que Abalar é unha iniciativa viva, dende o curso 2014/2015, ofrece unha educación completamente dixital para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º a 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, grazas a iniciativa de educación dixital E-Dixgal.
Máis información en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal


