Saltar navegación

Navegación segura

Unha ferramenta estable e consolidada que xa está integrada por defecto na versión Abalar 11 e que tamén se ofrece como instalación opcional para a versión Abalinux 11 (maqueta libre).

Un procedemento consolidado de xestión e mantemento que permite manter actualizadas as necesidades de bloqueos ou autorizacións de acceso a sitios específicos de forma periódica, cun protocolo centralizado que recibe as necesidades e analiza o impacto das mesmas.

Funcionalidades básicas:

  • Filtrado de contidos
  • Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist.
  • Filtrado por categorías
  • Configuracións precisas para filtrado de sitios web por categorías.
  • Protección no domicilio
  • Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio.
  • Filtrado da actividade
  • Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible.

Máis información en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/novas/navegacion-segura-en-e-dixgal

Que problemas de acceso podo atopar?

Que condicións se teñen que dar para que sexa operativa a navegación segura?

Os equipos teñen que estar clonados coa versión 11 da maqueta abalar.

Como fago se detecto que o alumnado accede a un espazo ou web pouco axeitado?

Poñer en coñecemento do Soporte Premium a web co contido inapropiado que se detectou que non debería acceder o alumnado.

Hai un contido educativo que está limitado, como podo acceder?

Notificar ao Soporte Premium esa URL ou enderezo web e necesidade de acceso ao recurso.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)