Teño obrigatoriamente que empregar os materiais das editoriais do proxecto?
Non. Os recursos propostos son propostas de traballo que se inclúen no proxecto para poder empregar nas aulas. Pódese empregar un deses materiais, seleccionar diferentes recursos de diferentes editoriais, material propio ou material doutras fontes que permitan a súa reutilización. O fundamental é planificar e implementar o proxecto de centro e de aula que se quere desenvolver aproveitando os recursos dispoñibles.
No caso do emprego de material dixital, teñen que ser unicamente os materiais proporcionados polo proxecto?
Non. Os materiais que están a disposición do profesorado son unha oferta máis, un recurso máis que o profesorado empregará cando o considere necesario. Dispor de material propio, ou doutras fontes que nos permitan a súa reutilización e emprego na aula son completamente válidas.
Tal como se está a explicar, o feito de implementar un ensino híbrido, facilita o emprego daqueles recursos que en cada momento se consideren máis oportunos e no formato máis axeitado para dar resposta ás necesidades do alumnado. A orixe dos materiais dependerá en moitos casos dos recursos cos que conta o centro.
Podo empregar o material que xa teño na aula virtual do centro?
Si. Ademais ao estar ou dous entornos de traballo nas mesmas versións do moodle, permite realización de copias de seguranza e posterior restauración dun espazo ao outro.
No caso de ter problemas co acceso aos materiais educativos, como podo solucionalo?
Poñerse en contacto co Soporte Premium.
Como fago copia dos contidos das diferentes editoriais empregados na miña materia?
Á hora de realizar a copia de seguranza non é preciso realizar a copia de seguranza pois xa de forma automática, para o próximo curso se vai poder empregar eses contidos e estarán previamente cargados no EVA.
A través da funcionalidade do propio EVA de realización de copias de seguranza (https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=90#section-8) permite a realización destas copias e a posterior restauración dos mesmos contidos.