Saltar navegación

Dispositivos

* No caso dos CPR o carro de carga e a conectividade son responsabilidade do centro

Para ver en máis detalle o equipamento dispoñible acceder a:

Outras ligazóns de interese:

Algunhas cuestións sobre a xestión do equipamento

Que hai que facer para proceder ao reparto do equipamento do alumnado?

Antes do reparto debemos ter localizado todo o equipamento do alumnado e a continuación:

  • Comprobar que accedemos, coa conta corporativa, á aplicación de xestión de equipamento. Unha vez que accedemos debemos de:
    • Asignar o equipamento ao alumnado a través da aplicación de xestión do equipamento https://glpi.edu.xunta.gal/premium/admin/login.php.
    • É recomendable etiquetar cada equipo con nome de alumno/a e número de serie (datos que figuran no acordo de cesión).
    • Imprimir os acordos de cesión. Entregar os acordos xunto cos equipos, previamente identificados, para que a familia os revise e asine o acordo. En ningún caso, se poderá sacar do centro escolar un equipo sin que estea asinado o acordo de cesión por parte da familia.
    • Unha vez que teñamos firmados os acordos, subímolos á aplicación.
    • Calquera dúbida relativa a esta xestión, poñerse en contacto co servizo premium.

Que fai o coordinador se non ten acceso á aplicación de xestión de equipamento?

Asegurarse de que a dirección lle asignara o cargo de Coordinador Edixgal en XADE.

Si a pesar de figurar no XADE como coordinador Edixgal non pode acceder, ten que contactar co servizo premium

Respecto do equipamento de aula, como se debería proceder se hai un aumento dun grupo Edixgal?

No momento que o grupo está autorizado pola inspección educativo e xa está en XADE, comunicarllo á asesoría abalar de zona.

Respecto do equipamento de aula, como se debería proceder no caso de sufrir un roubo, destrozos ou algún sinistro?

Notificar ao Soporte Premium a situación e engadindo, no caso de roubo, na comunicación da incidencia a denuncia realizada ante a Garda Civil ou a Policía.

Se a familia se nega a asinar a cesión do uso de ordenadores E-Dixgal pódese usar na aula?

Sí, pero non o poderán sacar do centro escolar.

Que información é imprescindible darlle ás familias no momento da súa incorporación ao proxecto?

O Centro debería informar ás familias da información recollida na seguinte ligazón: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

Tamén pode informarlles de como se aplica o proxecto no centro educativo.

É obrigatorio contratar o seguro do ordenador?

Non, pero existe a posibilidade de xeito voluntario. Este seguro ten un prezo de 50€ anuais. Este seguro non cubriría a perda ou roubo do equipo.

Quen contrata o seguro do ordenador?

As familias son as responsables da contratación do mesmo.

Que hai que facer para proceder ao reparto do equipamento do profesorado?

Unha vez realizada a xestión de reparto e cesión de equipamento ao alumnado, a persoa coordinadora do centro terá un prazo para comunicar o número de docentes que imparten materias presentes no proxecto.

No caso de dispoñer de equipamento no centro, pódese realizar a cesión do equipamento a través da aplicación de xestión. No caso de non dispoñer de equipamento suficiente establecerase nese momento o protocolo de petición de equipos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)