Saltar navegación

Consellos

Unha das funcións que se teñen que desenvolver ou promover desde a coordinación do proxecto é a de informar ás familias do proxecto e en moitos casos ofrecer información e solucións para un uso axeitado dos recursos dixitais. Ofrécense aquí algunhas recomendacións e ligazóns que poden facilitar esta xestión nas familias e poden servir como contidos a traballar nunha escola de nais e pais.

Consellos ofrecios pola Oficina de Seguridade do Internauta (OSI) de INTECO:

  • Educa ao menor sobre os posibles perigos que pode atopar na rede.
  • Acompaña ao menor na navegación cando sexa posible, sen invadir a súa intimidade.
  • Advirte dos problemas de facilitar información persoal (nome, dirección, teléfono, contrasinais, fotografas etc.)/ etc.) a través de calquera canle.
  • Desaconséllalle participar en charlas radicais (provocadoras, racistas, humillantes, extremistas etc.)/ etc.) xa que poden facerlle sentir incómodo.
  • Infórmalle de que non todo o que sae na internet ten que ser certo, xa que poden ser levados a engano con facilidade.
  • Presta atención ás súas ’ciber-amizades’ na mesma medida que o fas coas súas amizades na vida real.
  • Pídelle que che informe de calquera conduta ou contacto que lle resulte incómodo ou sospeitoso.
  • Vixía o tempo de conexión do menor a Internet para evitar que desatenda outras actividades.
  • Limita o acceso do menor ao sistema.

Outros consellos relacionado co uso de dispositivos tecnolóxicos no fogar:

  • Non deixar aos menores nunha habitación pechada empregando estes dispositivos.
  • Regular o tempo de ocio ofrecendo diferentes positibilidades como poden ser actividades deportivas, actividades ao exterior e actividades lúdicas.

Algunhas ligazóns para reflexionar sobre o uso dos dispositivos dixitais e as redes sociais:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)