O alumnado ten que estar permanentemente empregando o seu dispositivo?
Non. En cada caso, en cada materia e en cada curso, os docentes xestionarán do xeito que consideren máis axeitado os recursos dispoñibles. O obxectivo é facilitar a mellora das aprendizaxes do alumnado, e a flexibilización e individualización que permiten os recursos dispoñibles facilitarán o traballo nas aulas encamiñando este proceso dentro dun plantexamento híbrido de ensino.
No caso de detectar un mal uso da mensaxería e querer limitar esta funcionalidade, quen bloquea a mensaxería no EVA?
A persoa Coordinadora E-Dixgal desde o menú "O meu escritorio > Bloqueo da mensaxería".
Como podo xestionar a mensaxería, permitindo o seu uso sen bloqueala?
A mensaxería do EVA poderase empregar de diferentes xeitos. Cada centro pode decidir se permite o uso desta utilidade ou non entre o seu alumnado. A comunicación docente - alumnado sempre será funcional.
Un camiño intermedio pode ser empregar a funcionalidade da mensaxería nun grupo. Se na aula/materia na que está o alumnado matriculado, se xera un grupo no que o docente desa materia forma parte do grupo, pódese habilitar a mensaxería de grupo. Deste xeito permitimos a comunicación entre o alumnado, dentro dun grupo no que está o docente dese grupo.
Esto pode facilitar dinámicas á hora de resolver dúbidas, axudas entre alumnado, etc.