Inicio do Proxecto ARDIA
Iniciamos o Proxecto ARDIA co deseño en 3D do arco de diagnose. Buscamos así ter unha referencia clara en canto a medidas, deseño estético e obxectivos de construción. Continuará…
Iniciamos o Proxecto ARDIA co deseño en 3D do arco de diagnose. Buscamos así ter unha referencia clara en canto a medidas, deseño estético e obxectivos de construción. Continuará…
Publicada a Orde do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazo de presentación de solicitudes:
O alumnado que está a cursar os segundos cursos das ensinanzas de Ciclos Formativos de Grao Medio (ordinario ou modular), e que obteña a titulación neste curso 2025/26, poderá obter a ACREDITACÓN NIVEL INTERMEDIO DE COMPETENCIAS DIXITAIS participando nunha proba específica da Área de dominio.
Publícanse os Calendarios dos exames finais e de Perda de Avaliación Continua para os 2º cursos de ciclos formativos que se realizarán nas datas e aulas indicadas nos ficheiros achegados a continuación:
No noso centro impartimos as seguintes ensinanzas de Formación Profesional:
Dende o IES de Vilalonga ofrecemos unha formación completa e actualizada, orientada ás necesidades reais do sector da automoción. Contamos con FP Básica, FP de Grao Medio e FP de Grao Superior, o que permite ó alumnado iniciar, continuar e especializar o seu itinerario formativo nun mesmo entorno educativo. A través dun ensino eminentemente práctico, o alumnado adquire competencias técnicas, hábitos profesionais e coñecementos tecnolóxicos clave para a súa inserción laboral. As nosas instalacións e equipamentos están adaptados á realidade dos talleres actuais.
Para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
De quedaren prazas vacantes, poderanse completar os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan 17 anos e non estivesen escolarizadas no curso escolar anterior, ou que teñan 18 ou 19 anos, ou que fagan 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
Máis información sobre acceso e admisión
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS INSTRUCIÓNS E CALENDARIOS DE ADMISIÓN
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Os módulos que inclúe o CB Mantemento de Vehículos e os seus períodos semanais son os seguintes:
O horario do curso desenvólvese de luns a venres en quenda de mañá, desde as 08:30 ata as 14:10. E os martes pola tarde, en horario de 16:15 a 18:00.
Nos ciclos formativos de grao básico a duración da formación na empresa será de 400 horas.
Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:
En que ámbitos se traballa?
No sector do mantemento de vehículos, nomeadamente en talleres de reparación e concesionarios de vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante na área de carrozaría; auxiliar de almacén de recambios; operario/a en empresas de substitución de cristais; axudante na área de electromecánica; operario/a de taller de mecánica rápida.
Para acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:
Máis información sobre admisión
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS INSTRUCIÓNS E CALENDARIOS DE ADMISIÓN
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Os módulos que inclúe o CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles e os seus períodos semanais son os seguintes:
O horario do curso desenvólvese de luns a venres en quenda de mañá, desde as 08:30 ata as 14:10. E de luns a mércores pola tarde, en horario de 16:15 a 18:00.
Nos ciclos formativos de grao medio a duración da formación na empresa será de 500 horas.
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e mercadorías. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas situadas noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de mantemento de electromecánica (grupos electróxenos, cintas transportadoras movidas con motor de explosión, etc.).
Que ocupacións se desempeñan?
Electronicista de vehículos; electricista electrónico de mantemento e reparación en automoción; mecánico/a de automóbiles; electricista de automóbiles; electromecánico/a de automóbiles; mecánico/a de motores e os seus sistemas auxiliares, de automóbiles e motocicletas; reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos; reparador/ora de sistemas de transmisión e freos; reparador/ora de sistemas de dirección e suspensión; operario/a de ITV; instalador/ora de accesorios en vehículos; operario/a de empresas dedicadas á fabricación de recambios; electromecánico/a de motocicletas, vendedor/ora distribuidor/ora de recambios e equipamentos de diagnose
1. Para acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:
a) Título universitario.
b) Título de técnico superior ou de técnico especialista.
c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.
e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
f) BUP.
g) Título de técnico.
h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
2. Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Máis información sobre admisión
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS INSTRUCIÓNS E CALENDARIOS DE ADMISIÓN
Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
1º Curso: O horario do curso desenvólvese de luns a xoves en quenda de tarde, desde as 16:15 ata as 21:30. E os venres, en horario de 16:15 a 19:50. En quenda de mañá impártese o módulo de Itinerario Personalizado para a Empregabilidade (Luns: 13:20-14:10; Martes e Mércores: 12:30-14.10)
2º Curso: O horario do curso desenvólvese de luns a xoves en quenda de tarde, desde as 16:15 ata as 21:30. E os venres, en horario de 16:15 a 17:55.
Durante os 2 cursos realízanse prácticas en empresas de forma remunerada.
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
En que ámbitos se traballa?
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorías.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a da área de electromecánica. Recepcionista de vehículos. Xefe/a de taller de vehículos de motor. Encargado/a de ITV. Perito/a taxador/ora de vehículos. Xefe/a de servizo. Encargado/a da área de recambios. Encargado/a da área comercial de equipamentos relacionados cos vehículos. Xefe/a da área de carrozaría: chapa e pintura.
Nivel 1: Non se requiren cualificacións académicas nin profesionais, aínda que si que son necesarias habilidades comunicativas suficientes para facilitar a aprendizaxe. Se se requiren habilidades básicas previas, o curso correspondente pode incluír formación complementaria para este fin.
COMPETENCIA XERAL: Realizar operacións auxiliares de mantemento na área electromecánica, cumprindo as especificacións técnicas, en condicións de seguridade e baixo a supervisión dun técnico superior.
Os módulos formativos e a súa distribución horaria é a seguinte:
Profesións ou postos de traballo relacionados:
Requisitos de acceso a Formación Acelerada:
Ao rematar esta ensinanza obterás o Certificado profesional de grao medio. Os requisitos para o seu acceso son os establecidos para os FP de Grao Medio:
Para acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS INSTRUCIÓNS E CALENDARIOS DE ADMISIÓN
COMPETENCIA XERAL: A competencia xeral deste certificado profesional consiste en realizar as operacións de preparación, protección e embelecemento das superficies da carrozaría do vehículo, así como do chasis, a cabina e os equipos ou implementos da zona de carrozaría, axustándose aos procedementos e tempos establecidos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Os Módulos Formativos do Curso son os seguintes:

E ademais inclúense 107 horas do módulo MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
e 200 horas de FORMACIÓN EN EMPRESAS en talleres da zona.
Quenda de mañá.
1ª Edición: De Setembro a Xaneiro.
2ª Edición: De Febreiro a Xuño.
Este profesional traballa para outros nos sectores da construción e mantemento de vehículos, concretamente en carrozaría, dentro dos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, equipos de minería, equipos de construción e obras públicas e ferrocarrís, para calquera tipo de empresa ou entidade, xa sexa privada ou pública, en todos os sectores produtivos.
A ocupación e o posto de traballo máis relevantes son os seguintes:
– Pintores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, equipos agrícolas, de minería, de construción e obras públicas e material rodante ferroviario.
Reunimos nesta sección os documentos máis importantes do centro para facilitar o acceso á información e á organización da vida escolar.
A PXA é o documento que planifica e organiza o curso no centro, definindo obxectivos, actuacións e medidas para o correcto funcionamento escolar.
A Normas de Organización e Funcionamento do Centro (NOFC) constitúen o documento no que se establecen as pautas básicas de convivencia.
O Protocolo do sistema de vixilancia regula e limita a visualización de imaxes soamente a casos concretos.
As programacións didácticas organizan o traballo docente de cada materia: obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios de avaliación e medidas de atención á diversidade. Son a guía que concreta como se desenvolve o currículo na práctica diaria.
A través da aplicación PROENS pódese consultar a programación das diferentes materias impartidas no centro.
Para filtrar o contido:
Finalmente, premer en buscar programacións.
Programacións Didácticas Departamento Administrativo Curso 25/26
Programacións didácticas Departamento Automoción Curso 2025-26
O Plan Dixital organiza o uso das tecnoloxías no centro, establecendo obxectivos, actuacións e estratexias para integrar a competencia dixital na aprendizaxe, na docencia e na xestión.
Pódese consultar a través da aplicación Educalidade:
O PEC define a identidade, liñas pedagóxicas, principios organizativos e obxectivos do IES de Vilalonga. É o documento que marca o marco xeral de actuación educativa do centro.
A concreción curricular é a adaptación do currículo oficial ao contexto do IES de Vilalonga, onde se organiza que, como e cando se traballan os contidos, metodoloxías, competencias e criterios de avaliación en cada etapa e materia.
Pódese consultar a través da aplicación PROENS:
O Plan de Igualdade recolle as medidas para promover unha convivencia igualitaria, previr a discriminación e fomentar a educación en valores de respecto, corresponsabilidade e igualdade de oportunidades.
O Plan de Convivencia establece as normas, medidas preventivas e protocolos de actuación para garantir un clima seguro, respectuoso e adecuado para a aprendizaxe e a vida escolar.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
