Ir o contido principal
Inicio
IES Johan Carballeira

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Iniciar sesión
  • O CENTRO
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Oferta educativa
    • Actividades
    • Novas do Centro
    • Programacións ESO, Bacharelato e Ciclos D
    • Programacións FP Dual
    • Documentos
      • Documentos do centro
      • Lexislación
      • Lexislación galega
    • Secretaría virtual
  • DEPARTAMENTOS
    • Act. Marítimo Pesqueras
    • Administración
    • Artes Plásticas
    • Ciencias Naturais
    • Economía
    • Educación Física
    • FOL
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Lingua castelá e literatura
    • Linguas Clásicas
      • Grego
      • Latín
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • FAMILIAS
    • Novas
    • ANPA
    • Edixgal
    • Familias e alumnado
  • ALUMNADO
    • Taboleiro
    • CIUG
    • Exames ABAU
    • Formación Profesional
    • todofp
    • Guías prevención violencia e ciberacoso
    • Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar
  • Recursos TIC
    • Incidencias TIC
    • Seguridade TIC
    • Aulas Abertas
    • Xunta: Aplicacións móbiles
    • Velocímetro
    • Protección de datos
  • CONSELLERÍA
    • Portal educativo
    • Agueiro
    • Correo edu
    • XADE
    • Proens
    • BoxAbalar
    • Educonvives
    • Servizos
    • espazo ABALAR
    • DIXIT
    • Sevizos dixitais
    • EVA Edixgal
    • E-DIXGAL
    • FProfe
    • PLATEGA
    • EduCalidade
    • CIEDIX
  • AULA VIRTUAL

Miga de pan

  1. Inicio

Novas

FP Dual Intensiva

Información sobre a Formación Profesional Dual Intensiva

No IES Johan Carballeira ofértase o Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría:

Soldadura e caldearía
  • Read more about FP Dual Intensiva
O Centro
Novas

Reclamación cualificacións

Lexislación

Información relativa ao proceso de reclamación de cualificacións na ESO. Artigos 37 a 41.

Información relativa ao proceso de reclamación de cualificacións no Bacharelato. Artigos 38 a 43.

Información relativa ao proceso de reclamación de cualificacións nos ciclos de FP. Artigo 45.

Documentos

Modelo para reclamación contra as cualificacións finais ante o centro (entregar na secretaría do centro)

Modelo para reclamación contra as cualificacións finais ante Xefatura Territorial (entregar na secretaría do centro)

  • Read more about Reclamación cualificacións
O Centro
Novas

Bacharelato

1º Bacharelato

Materias comúns 

Horas

Lingua Galega e Literatura I

3

Lingua Castelá e Literatura I

3

1ª Lingua Estranxeira I: Inglés

3

Filosofía 

3

Educación Física

3

Relixión ou Disposición de centro

1

Modalidade de Ciencias e TecnoloxíaHorasModalidade de HumanidadesHorasModalidade de Ciencias SociaisHoras
Matemáticas I

4

Latín

4

Matemáticas  aplicadas ás Ciencias Sociais I

4

Física e Química

4

Historia do Mundo Contemporáneo, Literatura Universal, Grego I (escoller dúas)

4 + 4

Historia do Mundo Contemporáneo, Literatura Universal, Economía (escoller dúas)

4 +4

Tecnoloxía e Enxeñaría I ou Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais ou Debuxo Técnico I

4

Materia optativa autonómica (escoller unha)

Horas

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I, Cultura Científica, Anatomía Aplicada, 2ª Lingua Estranxeira I: Francés I, 2ª Lingua Estranxeira I: Portugués I, Linguaxe e Práctica Musical, Cultura Audiovisual, Debuxo Artístico, Antropoloxía, Materia de Modalidade non elixida

4

 

2º Bacharelato

Materias comúns a todas as modalidades

Horas

Lingua Galega e Literatura II

3

Lingua Castelá e Literatura II

3

1ª Lingua Estranxeira II: Inglés

3

Historia de España 

3

Historia da Filosofía

3

Relixión ou Disposición de centro

1

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía. Opción 1

Horas

Matemáticas II

4

Bioloxía, Física, Química ou Debuxo Técnico II (escoller dúas)

4+4

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía. Opción 2

Horas

Matemáticas II

4

Tecnoloxía e Enxeñaría II, Física, Química ou Debuxo Técnico II (escoller dúas)

4+4

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. Ciencias Sociais

Horas

Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II

4

Economía e Deseño de Modelos de Negocio, Xeografía ou Historia da Arte (escoller dúas)

4+4

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. Humanidades

Horas

Latín II

4

Grego II, Xeografía ou Historia da Arte (escoller dúas)

4+4

Materia optativa autonómica (escoller unha)

Horas

Métodos estatísticos e numéricos, Psicoloxía, 2ª Lingua Estranxeira II: Francés II, 2ª Lingua Estranxeira II: Portugués II, Patrimonio e Sociedade de Galicia, Tecnoloxías da Información e da Comunicación II, Debuxo Artístico II, Materia de Modalidade non elixida

4

Criterios de promoción e titulación

Promoción

1. Ao finalizar o primeiro curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente de cada alumna ou alumno adoptará a decisión sobre a súa promoción ao segundo curso.

2. As alumnas e os alumnos acadarán a promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando superen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo.

Para os efectos deste punto, só se computarán as materias que como mínimo a alumna ou o alumno deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que as alumnas e os alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.

3. O alumnado que acade a promoción ao segundo curso con materias pendentes deberá matricularse delas e cursalas ao longo do curso. Os centros educativos organizarán as consecuentes actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes tendo en conta que a avaliación destas materias terá que ser anterior á das materias de segundo curso.

4. As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade.

5. A superación das materias de segundo curso estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso por implicar continuidade.

Non obstante, o alumnado poderá matricularse de materias troncais de opción ou específicas de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que a alumna ou o alumno reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberá cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que acadou a promoción a segundo.

6. As alumnas e os alumnos que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou poderán optar, así mesmo, por repetir o curso completo. Neste último caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno tivera superado previamente.

Titulación

1. O título de bacharelato acredita o logro dos obxectivos establecidos para a etapa e a adquisición das competencias correspondentes.

2. Para obter o título de bacharelato cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.

3. Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.

b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

4. O título de bacharelato será único e expedirase con expresión da modalidade cursada e da nota media obtida, que se obterá calculando a media aritmética das cualificacións de todas as materias cursadas, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.

5. Para os efectos do cálculo da nota media para o alumnado que cambia de modalidade ou de materia en segundo curso, só se terán en conta as cualificacións das materias cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata.

  • Read more about Bacharelato
O Centro
Novas

Educación secundaria obrigatoria

1º ESO

2º ESO

Materias comúnsHorasMaterias comúnsHoras
Lingua galega e Literatura

3

Lingua galega e Literatura

3

Lingua castelá e Literatura

3

Lingua castelá e Literatura

3

1ª Lingua Estranxeira (Inglés)

3

1ª Lingua Estranxeira (Inglés)

3

Matemáticas

4

Matemáticas

4

Xeografía e Historia

3

Xeografía e Historia

3

Educación Física

2

Educación Física

2

Bioloxía e Xeoloxía

3

Física e Química

3

Relixíón ou Proxecto competencial

1

Relixíón ou Proxecto competencial

1

2ª Lingua Estranxeira (Francés ou Portugués)

2

2ª Lingua Estranxeira (Francés)

2

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

2

Música

2

Tecnoloxía e Dixitalización

3

Tecnoloxía e Dixitalización

3

Disposición do centro

2

Disposición do centro

2

Titoría

1

Titoría

1

3º ESO

Materias comúnsHoras
Lingua galega e Literatura

3

Lingua castelá e Literatura

3

1ª Lingua Estranxeira (Inglés)

3

Matemáticas

4

Xeografía e Historia

3

Educación Física

2

Bioloxía e Xeoloxía

2

Física e Química

2

Relixíón ou Proxecto competencial

1

Educación en Valores Cívicos e Éticos

1

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

2

Música

2

Materia optativa (escoller unha)Horas

2ª Lingua Estranxeira (Francés), Cultura Clásica, 

Educación Dixital, Oratoria.

3

Titoría

1

4º ESO

Materias comúns

Horas

Lingua galega e Literatura

3

Lingua castelá e Literatura

3

1ª Lingua Estranxeira (Inglés)

3

Xeografía e Historia

3

Educación Física

2

Relixíón ou Proxecto competencial

1

Titoría

1

Itinerario Científico TécnicoHorasItinerario Humanidades e SocialHorasItinerario AplicadasHoras
Matemáticas B

4

Matemáticas B

4

Matemáticas A

4

Física e Química

3

Economía e Emprendemento

3

Dixitalización

3

Bioloxía e Xeoloxía

3

Latín

3

Formación e Orientación Persoal e Profesional

3

Materia de opción (escoller unha)

Horas

2ª Lingua Estranxeira (Francés), Tecnoloxía, Dixitalización, Expresión Artística, Música

3

Materia optativa (escoller unha)

Horas

2ª Lingua Estranxeira (Francés), Filosofía, Economía e Emprendemento, Cultura Clásica (se non foi cursada en 3º), Oratoria (se non foi cursada en 3º)

3

Criterios de promoción e titulación

Promoción

1. Ao finalizar cada un dos cursos da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa promoción. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á consecución dos obxectivos, ao grao de adquisición das competencias establecidas e á valoración das medidas que favorezan o progreso da alumna ou do alumno, e tendo en conta os criterios de promoción.

2. Para os efectos do disposto no punto anterior, acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.

c) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

d) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.

3. O alumnado que acade a promoción de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

4. Para a elaboración e o seguimento do plan de reforzo a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021.

5. O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso.

A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase logo de esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado con cantas medidas se consideren adecuadas para este alumnado segundo o establecido no artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021.

7. En todo caso, a alumna ou o alumno poderá permanecer no mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de idade a que se refire o artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Titulación

1. Ao finalizar o cuarto curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa titulación. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias establecidas e á consecución dos obxectivos da etapa, sen prexuízo do establecido no artigo 7.2 desta orde, e tendo en conta os criterios de titulación.

2. Para os efectos do disposto no punto anterior, obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas.

c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa.

3. O título de graduado en educación secundaria obrigatoria será único e expedirase sen cualificación.

4. As alumnas e os alumnos recibirán, ao concluíren a súa escolarización na educación secundaria obrigatoria, unha certificación oficial en que constará o número de anos cursados e o nivel de adquisición das competencias da etapa.

5. O alumnado que, logo de finalizado o proceso de avaliación do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, non obteña o título e supere os límites de idade establecidos no artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, tendo en conta así mesmo a prolongación excepcional da permanencia na etapa que prevé a propia lei no artigo 28.5, poderao facer nos dous cursos seguintes a través da realización de probas ou actividades personalizadas extraordinarias das materias que non superase, de acordo co currículo establecido e coa organización e instrucións que dispoña a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria desde a formación profesional básica.

A superación da totalidade dos módulos incluídos nun ciclo de formación profesional básica conducirá á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

 

  • Read more about Educación secundaria obrigatoria
O Centro
Novas
Por admin, 26 Xaneiro, 2025

Plan de evacuación

Protocolo para urxencias sanitarias e enfermidade crónica nos centros educativos

  • Read more about Plan de evacuación

Comentarios

O Centro
Novas
Por admin, 26 Xaneiro, 2025

Historia

O IES Johan Carballeira foi inaugurado no ano 1990, acollendo a un alumnado naquel intre escolarizado en instalacións provisionais de Bueu, ou que estudiaba noutras localidades limítrofes da Bisbarra do Morrazo e, mesmamente, en Pontevedra.

O Centro nace con vocación de Instituto de Ensinanza Secundaria e Profesional (IESP Johan Carballeira), cunha orferta educativa en BUP, COU, FPI de Perruquería e Administración, e de FPII de Administración, que totalizaba unha matrícula de 452 alumnas e alumnos no ano académico de 1991-92.

Foto IES Johan

Posteriormente, e a fin de satisfacer a crecente demanda educativa e número de alumnado, sufre dúas ampliacións importantes e dotación das correspondentes infraestructuras e servizos: unha primeira lindando coas pistas polideportivas exteriores, e unha segunda ó fronte do edificio existente, na zona de administración.

JOHAN CARBALLEIRA

José Francisco Gómez de la Cueva pasou a ser Johan Carballeira desde que empeza a escribir para El Pueblo Gallego, alá por 1927. Nacera na rúa do Areal, en Vigo, o 13 de febreiro de 1902, para trasladarse definitivamente a Bueu cando contaba con 12 anos.

Carballeira destaca, ante todo, como xornalista, empezando con colaboracións no Faro de Vigo, poemas e pequenos artigos de crítica literaria. Fálase de Xohan Carballeira, que ata 1936 colaborou nas máis importantes e prestixiosas revistas a nivel galego, español e internacional, como renovador do xornalismo do país na súa época.

Entrevistas con Rafael Dieste e Otero Pedraio, entre outros, crónicas de viaxes, os problemas agrarios e a normativización e normalización lingüística son os temas principais arredor dos que xira o seu traballo. O seu compromiso con Galicia e cos problemas do seu tempo levouno a afiliarse ó Partido Galeguista e, xa máis tarde, asumir a alcaldía do concello de Bueu en 1936.

Logo da sublevación militar de xullo é acusado de rebelión contra o exército e condeado a morte, sentencia que se cumpliría en abril de 1937 en Pontevedra. Recentemente foron atopados os seus restos no cemiterio de San Mauro, en Pontevedra.

Artículo de don Manuel Herva Allegue

  • Read more about Historia

Comentarios

O Centro
Novas
Por admin, 8 Xuño, 2024

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Na Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dítanse instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2023/24.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio.

Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

 A acreditación das competencias dixitais do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2023/24.

b) Por superar unha proba específica de acreditación das competencias dixitais de nivel intermedio.

c) Por obter o título de bacharel no curso 2023/24 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

2. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

3. O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.

4. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

Acreditación do alumnado de bacharelato

1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. 

3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

4. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

Requisitos do alumnado para participar nas probas específicas

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado en 4º de ESO para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.

b) Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitude e inscrición nas probas específicas

1. O alumnado de 4º de ESO e o alumnado de 2º de Bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da Resolución.

2. O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.

3. Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na/s proba/s con data límite 15 de marzo, ás 23:59 horas.

Convocatoria das probas específicas

1. As convocatorias de probas específicas  realizaranse consonte ao seguinte calendario:

a) A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.

b) A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.

2. As probas realizaranse no centro docente con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.

Información sobre as probas específicas

A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais. A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).

Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais. A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.

A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas.

Demo da proba de acreditación.

  • Read more about Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Comentarios

O Centro
Novas
Por admin, 7 Xuño, 2024

Bolsas do MEFPD para o curso 2024/2025

O 19 de marzo comezou o prazo para solicitar bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para ensinanzas postobrigatorias.

Estudos para os que se pode solicitar:

Para aqueles alumnos que no curso 2024/25 estean matriculados en:

  • Bacharelato.

  • Ciclos formativos de grao básico.

  • Formación Profesional de grao medio e grao superior.

  • Ensinanzas Deportivas.

  • Ensinanzas Artísticas profesionais e superiores.

  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.

  • Cursos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.

  • Ensinanzas universitarias de grao ou máster.

Se aínda non se ten claro o que se vai a cursar no próximo curso, a solicitude entrégase coa opción mais probable.

Prazo:

Do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 ás 15:00.

Como solicitala bolsa:

  1. Entrar na Sede Electrónica. Todo o proceso de solicitude realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

  2. Rexistrarse.

Para rexistrarse necesítase un usuario e unha contrasinal:

  • Se xa se está rexistrado, pódese seguir usando esa conta.

  • Se nunca se estivo rexistrado, hai que pinchar en “Regístrese” e seguir os pasos para crear a conta.

Para acceder ás solicitude da bolsa, pódese usar un dos seguintes métodos:

  • Con Cl@ve ou certificado electrónico.

  • Mediante o usuario e contrasinal cos que se rexistrou na sede electrónica.

Ante calquera dúbida pódese chamar os teléfonos habilitados de bolsas: 910 837 937 ou 986 80 59 55.

Cuantía das bolsas:

Cantidade fixa e cantidade variable para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios.

Cantidade fixa e cantidade variable para estudos universitarios de grao e máster.

Requisitos:

  • Xerais: nacionalidade española ou nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e non estar en posesión dun título igual ou superior a aquel polo que se solicita a bolsa.

  • Académicos: non universitarios, universitarios.

  • Económicos: non superar determinados niveis de renda e patrimonio.

Obrigas:

O alumnado está obrigado a destinar a bolsa á finalidade para a que se concede.

Entenderase que non cumpre este requisito cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

  • Haber causado baixa de feito no centro durante o curso.

  • Non haber asistido a unha porcentaxe mínima de horas lectivas, salvo dispensa de escolarización (80% das clases en estudos postobrigatorios).

  • Non haber superado o 50% das asignaturas ou créditos nois que se está matriculado, na convocatoria ordinaria nin na extraordinarias (40% na rama de ensinanzas técnicas e científicas).

  • Obrigas de estudos non universitarios.

  • Obrigas de estudos universitarios.

Nestes supostos, o alumnado deberá reintegrar o importe da beca percibida.

  • Read more about Bolsas do MEFPD para o curso 2024/2025

Comentarios

O Centro
Novas

Seguridade

Nas seguintes imaxes podedes atopar información e soporte necesario para evitar e resolver problemas de seguridade que poden aparecer ó navegar por internet.

  • Read more about Seguridade
O Centro
Novas
Novas

Telf. 886 15 91 76

Coñécenos

Reclamación cualificacións

Imagen Becas
Admisión
Probas FP

BIBLIOTECA

bibliocarballeira

Presentación

Actividades

CatálogoDoha
biblio Carballeira
ELBE2
Punto laranxa

ERASMUS +Programas internacionais

Novidades
sepie
Cofinanciado Erasmus
Edixgal
Aula virtual
Polos creativos
biblio
club de ciencia
clásicas
imaxe personal
Erasmus
Webs dinamicasEquipo dinamizaciónBibliotecas escolaresUnion europea
Este centro imparte ensinanzas de Ciclos Formativos de grao medio e superior e Formación Profesional Básica. 
Asimesmo, este centro aplica as seguintes medidas de reforzo docente: Programa ARCO e Programa PROA +.
Ensinanzas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
"O Fondo Social Europeo inviste no teu futuro"
ARCOSave the children
Logo xunta
Powered by Drupal