Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional.
- O CENTRO
- DEPARTAMENTOS
- FAMILIAS
- ALUMNADO
- Recursos TIC
- CONSELLERÍA
- AULA VIRTUAL
Novas do Centro
Comentarios
A Orde do 27 de maio de 2026 establece as bases reguladoras e convoca os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria para o curso 2025/2026.
O prazo de matrícula para realizar a proba será do 9 ao 15 de xuño de 2026, ambos inclusive.
A matrícula realizarase no centro empregando o Anexo I.
A proba terá lugar o 23 de xuño de 2026.
Comentarios
O Ministerio de Educación ten aberto ata o 10 de setembro de 2026 a solicitude de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
As situacións obxecto de axuda son: discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.
Comentarios
A Orde do 25 de maio de 2026 establece as bases reguladoras e convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato para o curso 2025/2026.
O prazo de matrícula para realizar a proba será do 2 ao 8 de xuño de 2026, ambos inclusive.
A matrícula realizarase no centro empregando o Anexo I.
A proba terá lugar o 16 de xuño de 2026.
Comentarios
O 18 de maio publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2026/27.
O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 19 de xuño.
Forma de presentación de solicitudes:
Electrónica: a través da aplicación fondolibros e presentando a soliciutde na Sede Electrónica mediante o formulario normalizado (procedemento ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
INPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada fillo.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365 ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e a aplicación Autofirma.
Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os anexos I e II cubertos e presenteos na secretaría do centro.
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos na secretaría do centro.
Publicación de actos:
No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:
- listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto.
- listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluías, indicando a causa de exclusión.
- relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.
Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.
Datas de publicación (prazos máximos):
- Listaxes provisionais: 13 de xullo de 2026.
- Prazo de reclamación: tres días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional.
- Listaxes definitivas: 27 de xullo de 2026.










Comentarios