Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional.
- O CENTRO
- DEPARTAMENTOS
- FAMILIAS
- ALUMNADO
- Recursos TIC
- CONSELLERÍA
- AULA VIRTUAL
Taboleiro
Comentarios
Comentarios
A Resolución do 23 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, dita instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2025-2026.
Os centros inscribirán o alumnado que solicitase participar na proba parcial da área de dominio 4 do nivel intermedio do 25 de febreiro ao 16 de marzo incluido.
Comentarios
Publicada o 6 de marzo a Orde do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo de presentación de solicitudes:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grado superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 16 de marzo e 26 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.
Datas de realización:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 21de maio de 2026 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 29 de abril de 2026 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).
Calendario das probas de acceso 2026
Comentarios

Na Resolución do 5 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dítanse instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2025/26.
Os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio.
Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
A acreditación da competencia dixital do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:
a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2025/26.
b) Por obter o título de bacharel no curso 2025/26 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.
Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria
1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
2. Esta certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais.
3. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.
Acreditación do alumnado de bacharelato
1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.
4. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas. Para estes efectos poderase empregar o modelo de solicitude recollido no Anexo I da Resolucion.
5. O alumnado recibirá os documentos de acreditación a traves da aplicación Abalar.
6. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
Requisitos do alumnado para participar na proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio
O alumnado que desexe participar na probas específica deberá cumprir o seguinte requisito:
Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.
Solicitude e inscrición nas probas específicas
1. O alumnado de 2º de Bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da Resolución.
2. O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.
3. Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na proba con data límite 20 de febreiro, ás 23:59 horas.
Aplicación da proba específica
1. A proba realizarase ao longo do mes de marzo de 2026.
2. A proba realizaranse no centro docente con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.
3. A convocatoria de cada proba específica será única.
Información sobre a proba específica
A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais.
A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.
A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas (8 preguntas).











Comentarios