Ir o contido principal
Inicio
IES Johan Carballeira

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Iniciar sesión
  • O CENTRO
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Oferta educativa
    • Actividades
    • Novas do Centro
    • Programacións ESO, Bacharelato
    • Programacións FP Dual e Ciclos D
    • Documentos
      • Documentos do centro
      • Lexislación
      • Lexislación galega
    • Secretaría virtual
  • DEPARTAMENTOS
    • Act. Marítimo Pesqueras
    • Administración
    • Artes Plásticas
    • Ciencias Naturais
    • Economía
    • Educación Física
    • FOL
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Lingua castelá e literatura
    • Linguas Clásicas
      • Grego
      • Latín
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • FAMILIAS
    • Novas
    • ANPA
    • Edixgal
    • Familias e alumnado
  • ALUMNADO
    • Taboleiro
    • CIUG
    • Exames ABAU
    • Formación Profesional
    • todofp
    • Guías prevención violencia e ciberacoso
    • Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar
  • Recursos TIC
    • Incidencias TIC
    • Seguridade TIC
    • Aulas Abertas
    • Xunta: Aplicacións móbiles
    • Velocímetro
    • Protección de datos
  • CONSELLERÍA
    • Portal educativo
    • Agueiro
    • Correo edu
    • XADE
    • Proens
    • BoxAbalar
    • Educonvives
    • Servizos
    • espazo ABALAR
    • DIXIT
    • Sevizos dixitais
    • EVA Edixgal
    • E-DIXGAL
    • FProfe
    • PLATEGA
    • EduCalidade
    • CIEDIX
  • AULA VIRTUAL

Miga de pan

  1. Inicio

Taboleiro

Por admin, 5 Febreiro, 2025

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2025

O 3 de febreiro publicouse no DOG a convocatoria de axudas para actividades de formacion en linguas estranxeiras (alemán, francés, inglés e portugués) no ano 2025, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: AxudasLe.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2025. 

Máis informacion:

Cartel informativo AxudasLe 2025Orde do 24 de xaneiro de 2025 (DOG)

  • Read more about Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Por admin, 5 Febreiro, 2025

Acreditación das competencias dixitais do alumnado. Curso 2024/2025

Na Resolución do 4 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dítanse instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2024/25.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio.

Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

 A acreditación das competencias dixitais do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2024/25.

b) Por obter o título de bacharel no curso 2024/25 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

2. Esta certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais.

3. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.

Acreditación do alumnado de bacharelato

1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. 

3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

4. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas. Para estes efectos poderase empregar o modelo de solicitude recollido no Anexo I da Resolucion.

5. O alumnado recibirá os documentos de acreditación a traves da aplicación Abalar.

6. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

Requisitos do alumnado para participar na proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio

O alumnado que desexe participar na probas específica deberá cumprir o seguinte requisito:

Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitude e inscrición nas probas específicas

1. O alumnado de 2º de Bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da Resolución.

2. O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.

3. Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na proba con data límite 20 de febreiro, ás 23:59 horas.

Aplicación da proba específica

1. A proba realizarase ao longo do mes de marzo de 2025.

2. A proba realizaranse no centro docente con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.

3. A convocatoria de cada proba específica será única.

Información sobre a proba específica

A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais.

A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.

A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas (8 preguntas).

Demo da proba de acreditación.

  • Read more about Acreditación das competencias dixitais do alumnado. Curso 2024/2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Por admin, 2 Febreiro, 2025

Prazos e procedemento para as reclamacións finais en ESO e Bacharelato. Curso 2024/2025

Instrución 2/2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2024/25. 

Instrución 2/25

Modelos orientativos editables

Calendario de revisión e reclamación en ESO e 1º de Bacharelato

Calendario de revisión e reclamación na convocatoria ordinaria de 2º de Bacharelato

Calendario de revisión e reclamación na convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato

  • Read more about Prazos e procedemento para as reclamacións finais en ESO e Bacharelato. Curso 2024/2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Nais/Pais
Novas
Por admin, 5 Novembro, 2024

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

A resolución do 10 de setembro de 2024, da D. Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18 de setembro) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Os censos electorais están dispoñibles para consulta a partir do 29 de outubro no taboleiro de anuncios da entrada do instituto (O período de reclamación ao censo electoral é ata o 8 de novembro).

Os membros a renovar:

Sector alumnado: 2 

Sector profesorado: 3

Sector persoal administración e servizos: 1

Sector familias do alumnado: 1

O prazo para presentación de candidaturas é do 30 de outubro ao 11 de novembro (as persoas interesadas deben coller o impreso na Secretaría do instituto)

Celebración votacións:  día 20 de novembro

Constitución do novo Consello Escolar: día 12 de decembro

  • Read more about ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Nais/Pais
Novas
Por admin, 20 Outubro, 2024

Certificación ComDix Intermedio

O alumnado que cursou 2º de Bacharelato no curso 2023/24 e realizou a proba especifica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio da Acreditación de Competencias Dixitais, pode acceder, descargar ou recoller a Certificación ComDix Intermedio por algunha das seguintes vías:

  • Descargar o certificado desde o espazoAbalar ou desde abalarMovil sempre que se teña unha matricula viva (por exemplo, estando matriculado nun ciclo formativo superior).
  • Descargar o certificado desde a Carpeta cidadá da Xunta de Galicia, accesible dende A miña sede, na Sede electronica.
  • Recoller  o certificado, disponoble en XADE, na secretaría do Centro. A solicitude do certificado pódese facer na Secretariía virtual do centro, cubrindo o formulario Petición de Certificado.
  • Read more about Certificación ComDix Intermedio

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Por admin, 31 Xullo, 2024
Libros de texto

Libros de texto ESO e Bacharelato. Curso 2024/2025

Libros de texto 1º ESO

Libros de texto 2º ESO

Libros de texto 3º ESO

Libros de texto 4º ESO

Libros de texto 1º BACH

Libros de texto 2º BACH

  • Read more about Libros de texto ESO e Bacharelato. Curso 2024/2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
Nais/Pais
Novas
Por admin, 8 Xuño, 2024

Punto Laranxa contra o acoso

Ao abeiro do Plan Integral contra o acoso e o ciberacoso escolar impulsado co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que o centro escolar conte cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións, colocouse un punto laranxa físico no centro e outro virtual na páxina web do centro.

O funcionamento do punto laranxa é como o dun buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en outros alumnos.

Para xestionar este buzón, o centro conta cun equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.

Así, o alumnado dispón dun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. E no  Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.

  • Read more about Punto Laranxa contra o acoso

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
Por admin, 8 Xuño, 2024

Certificación galega de competencias dixitais

Que é a certificación ComDix?

É a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega e que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional.

Para que necesito esta certificación ComDix? Que usos terá?

Servirá para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o noso nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais.

Como se organiza a acreditación das competencias dixitais do alumnado? 

Na Resolución do 28 de febreiro de 2024 ditanse instrucións para a acreditacón das competencias dixitais do alumnado que cursa ESO e bacharelato no curso 2023/24.

  • Read more about Certificación galega de competencias dixitais

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
Por admin, 7 Xuño, 2024

Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais en 2º de Bacharelato. Curso 2023/2024

Instrución 10/23 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso do bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa. 

Instrución 10/23

Document
modelos_orientativos_instrucion_10_2023.odt (85.89 KB)
  • Read more about Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais en 2º de Bacharelato. Curso 2023/2024

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
Por admin, 7 Xuño, 2024

Bolsas do MEFPD. Curso 2024/2025

Mais información
  • Read more about Bolsas do MEFPD. Curso 2024/2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro

Paxinación

  • Páxina anterior
  • 2
  • Páxina Seguinte
Taboleiro

Telf. 886 15 91 76

Coñécenos

Reclamación cualificacións

Imagen Becas
Admisión
Probas FP

BIBLIOTECA

bibliocarballeira

Presentación

Actividades

CatálogoDoha
biblio Carballeira
ELBE2
Punto laranxa

ERASMUS +Programas internacionais

Novidades
sepie
Cofinanciado Erasmus
Edixgal
Aula virtual
Polos creativos
biblio
club de ciencia
clásicas
imaxe personal
Erasmus
instagram administrativo
Webs dinamicasEquipo dinamizaciónBibliotecas escolaresUnion europea
Este centro imparte ensinanzas de Ciclos Formativos de grao medio e superior e Formación Profesional Básica. 
Asimesmo, este centro aplica as seguintes medidas de reforzo docente: Programa ARCO e Programa PROA +.
Ensinanzas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
"O Fondo Social Europeo inviste no teu futuro"
ARCOSave the children
Logo xunta
Powered by Drupal