Ir o contido principal
Inicio
IES Johan Carballeira

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Iniciar sesión
  • O CENTRO
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Oferta educativa
    • Actividades
    • Novas do Centro
    • Programacións ESO, Bacharelato e Ciclos D
    • Programacións FP Dual
    • Documentos
      • Documentos do centro
      • Lexislación
      • Lexislación galega
    • Secretaría virtual
  • DEPARTAMENTOS
    • Act. Marítimo Pesqueras
    • Administración
    • Artes Plásticas
    • Ciencias Naturais
    • Economía
    • Educación Física
    • FOL
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Lingua castelá e literatura
    • Linguas Clásicas
      • Grego
      • Latín
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • FAMILIAS
    • Novas
    • ANPA
    • Edixgal
    • Familias e alumnado
  • ALUMNADO
    • Taboleiro
    • CIUG
    • Exames ABAU
    • Formación Profesional
    • todofp
    • Guías prevención violencia e ciberacoso
    • Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar
  • Recursos TIC
    • Incidencias TIC
    • Seguridade TIC
    • Aulas Abertas
    • Xunta: Aplicacións móbiles
    • Velocímetro
    • Protección de datos
  • CONSELLERÍA
    • Portal educativo
    • Agueiro
    • Correo edu
    • XADE
    • Proens
    • BoxAbalar
    • Educonvives
    • Servizos
    • espazo ABALAR
    • DIXIT
    • Sevizos dixitais
    • EVA Edixgal
    • E-DIXGAL
    • FProfe
    • PLATEGA
    • EduCalidade
    • CIEDIX
  • AULA VIRTUAL

Miga de pan

  1. Inicio

Acreditación das competencias dixitais do alumnado. Curso 2024/2025

Por admin, 5 Febreiro, 2025

Na Resolución do 4 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dítanse instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2024/25.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio.

Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

 A acreditación das competencias dixitais do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2024/25.

b) Por obter o título de bacharel no curso 2024/25 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

2. Esta certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais.

3. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.

Acreditación do alumnado de bacharelato

1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. 

3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

4. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas. Para estes efectos poderase empregar o modelo de solicitude recollido no Anexo I da Resolucion.

5. O alumnado recibirá os documentos de acreditación a traves da aplicación Abalar.

6. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

Requisitos do alumnado para participar na proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio

O alumnado que desexe participar na probas específica deberá cumprir o seguinte requisito:

Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitude e inscrición nas probas específicas

1. O alumnado de 2º de Bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da Resolución.

2. O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.

3. Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na proba con data límite 20 de febreiro, ás 23:59 horas.

Aplicación da proba específica

1. A proba realizarase ao longo do mes de marzo de 2025.

2. A proba realizaranse no centro docente con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.

3. A convocatoria de cada proba específica será única.

Información sobre a proba específica

A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais.

A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.

A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas (8 preguntas).

Demo da proba de acreditación.

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro

Comentarios

Telf. 886 15 91 76

Coñécenos

Reclamación cualificacións

Imagen Becas
Admisión
Probas FP

BIBLIOTECA

bibliocarballeira

Presentación

Actividades

CatálogoDoha
biblio Carballeira
ELBE2
Punto laranxa

ERASMUS +Programas internacionais

Novidades
sepie
Cofinanciado Erasmus
Edixgal
Aula virtual
Polos creativos
biblio
club de ciencia
clásicas
imaxe personal
Erasmus
Webs dinamicasEquipo dinamizaciónBibliotecas escolaresUnion europea
Este centro imparte ensinanzas de Ciclos Formativos de grao medio e superior e Formación Profesional Básica. 
Asimesmo, este centro aplica as seguintes medidas de reforzo docente: Programa ARCO e Programa PROA +.
Ensinanzas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
"O Fondo Social Europeo inviste no teu futuro"
ARCOSave the children
Logo xunta
Powered by Drupal