Terminoloxía derivada do e-Learning
Obxecto Dixital Educativo (ODE), Material Educativo Dixital (MED) e Obxecto de Aprendizaxe (OA)
- Interoperabilidade: Un obxecto debe estar etiquetaxe e catalogado con información descritiva (metadatos) de forma que permita o seu almacenamento e posterior recuperación.
- Reutilizable: Unha vez creado o obxecto debe poder ser utilizado en diferentes contextos educativos.
- Portabilidade: O obxecto debe poder ser utilizado en plataformas de explotación de diversos fabricantes.
- Perdurabilidade: Os cambios nas tecnoloxías non deben implicar cambios importantes no deseño do obxecto.
Niveis de agregación / niveles de granularidad
Nivel de Granularidade 1: Calquera arquivo (imaxe, texto...), programa de computador ou recurso que poida ser utilizado didácticamente. Por exemplo unha foto dun personaxe histórico.
Nivel de Granularidade 2: Sería un OA que agrupase varios recursos construíndo un tema ou unha lección. Por exemplo este libro de exelearning.
Nivel de Granularidade 3: Conxunto de OAs de nivel 2. Por exemplo un libro dixital con todas as unidades dunha materia de 3º de ESO.
Nivel de Granularidade 4: Compoñeríao, por exemplo, unha recompilación de todas as materias dun curso (3º ESO) a partir de OAs de nivel 3
LOM-ES e METADATOS
SCORM
SCORM (do inglés Shareable Content Object Reference Model, traducible ao galego como Modelo Referenciado de Obxectos de Contido Compartible) é un conxunto de estándares e especificacións que permite crear obxectos pedagóxicos estruturados, con obxectivos fundamentais de facilitar a portabilidad de contido de aprendizaxe, poder compartilo e reusarlo.
Tamén llo pode definir como un conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web de forma pedagóxica baixo un estándar libre que permite importar, reutilizar e compartir contidos.
Os paquetes SCORM conteñen:
- Metadatos que estruturan os contidos.
- Obxectos de aprendizaxe de todo tipo.
- APIht Javascript: encárgase de permitir a interacción cos contidos.
LMS
