A aprendizaxe electrónica ou e-Learning (a súa denominación orixinal en inglés) é como se denominou ao ensino a distancia completamente virtualizado a través das canles electrónicas, fundamentalmente Internet. Este concepto utilízase non só na educación a distancia, emprégase tamén para todo o soporte electrónico do ensino presencial, no que se definiu como b-Learning (blended- learning)
Como sempre que se produce un desenvolvemento tecnolóxico, e o e-learning pode ser considerado como tal, este leva asociado unha terminoloxía que nos axuda a entender que é e como se traballa co él.
SCORM, un estandar de e- Learning
Imos ver un pouco da teoría que teñe o e-learning detrás. O obxectivo é entender algúns conceptos, por se nos referimos a eles, para saber de que estamos a falar.
Centrámonos en:
- Actividades segundo a interactividade.
- Definir a terminoloxía derivada o e-Learning.
- Tipos de licenzas.