Os que estudamos fai un tempo, antes da aparición da internet, estudábamos en textos de papel. Cando nos dedicamos á docencia empregamos todo tipo de libros, textos, fichas ou cadernos de actividades. A fotocopiadora foi o piar central da difusión dos apuntamentos ou exercicios que preparabamos e difundiamos a base de copiar e copiar. Todo eses materiais eran textos.
Desde a irrupción das TICs no mundo educativo, os apuntamentos ou os libros, quedan curtos comparado con algúns desenvolvementos didácticos sobre plataformas dixitais. Xa non só podemos facilitar textos e apuntamentos, podemos facilitar audios, vídeos e actividades interactivas, é dicir enriquecemos notablemente os apuntamentos de toda a vida.
O problema xorde coa dificultade de elaboración destes novos materiais. Durante tempo foi case un labor heroico de xente que investiu centos de horas de traballo para resultados que logo tiñan dificultades pola escaseza de medios, polos problemas técnicos inherentes a este medio, etc.
Con todo, estamos nun momento do desenvolvemento TIC, no que a simplificación das ferramentas que elaboran materiais didácticos fai accesible a súa xeralización, e a dispoñibilidade de recursos (computadores, conectividade, acceso dos alumnos a internet desde os seus domicilios, etc.) creceu moito.
Este curso trata disto. De mostrar unha ferramenta de acceso libre, de funcionamento sinxelo, compatibles con estándares que se están impoñendo na internet, de forma que os docentes poidan elaborar os seus novos materiais didácticos empregando esta ferramenta de autor.: O eXelearning