¿Cómo licenciar baixo Creative Commons?
Se queremos que os nosos recursos publíquen baixo algunha destas licenzas, non é necesario aparecer en ningún rexistro oficial, nin notificar nada a Creative Commons. Bastan dous sinxelos pasos:
- Elixir o tipo de licenza que máis se adapte aos nosos desexos.
- Colocar, de forma visible, o logotipo correspondente ao tipo de licenza escollido na nosa obra, ou mencionalo de forma completa.
Desde a web de Creative Commons (http://creativecommons.org/choose/) poderemos responder a un sinxelo cuestionario con dúas preguntas para escoller a nosa licenza:
- Quere permitir que se compartan as adaptacións da súa obra?
- Quere permitir usos comerciais da súa obra?
Se desexamos elixir unha licencia CC( BY-SA), a mesma coa que se distribúen estes apuntamentos, contestaremos así as preguntas e pulsaremos o botón "Escolla unha licenza":


Obteremos como resultado o tipo de licenza, as súas logos e un código HTML para inserir nun proxecto


Na parte inferior da páxina poderemos elixir o idioma