No momento de elaborar calquera recurso dixital (audio, vídeo, obxectos educativos...) estamos a converternos en autores, e debemos tomar unha decisión (mesmo por omisión) sobre os dereitos que imos aplicar aos nosos contidos. Desta decisión dependerá o ciclo de vida dos recursos, que pode inclinarse en dous sentidos: Stephan Baum, Sanbec, ttog,. Símbolo del copyright con signos interrogativos de entrada y salida.(CC BY-SA)
Prohibir a reprodución e/ou modificación dos nosos contidos, de modo que non poidan ser usados de ningún modo (salvo permiso expreso pola nosa banda) por outros docentes.
Utilizar unha licenza de autor que permita a súa reutilización, modificación, e/ou (por que non?) mellora por parte doutros autores. Deste xeito, mesmo poderiamos partir do traballo doutros autores para os nosos recursos.
Se optamos pola primeira opción, nós seremos os únicos responsables destes recursos, e só se verán mellorados se os revisamos nós mesmos.
A segunda opción permitiría que outros os utilizasen sen problemas, con certas condicións que podemos definir, de modo que os recursos veranse mellorados tanto coa nosa experiencia e coñecementos como coa de todos aqueles que desexen colaborar.
Obxectivos
Coñecer as distintas licenzas baixo as que podemos publicar os nosos recursos non só é importante para a súa publicación, senón que tamén nos permitirá coñecer que recursos podemos utilizar como punto de partida para os nosos materiais.