Saltar navegación

Outras licencias copyleft

Hai moitos tipos máis de licenzas  copyleft. Conformámonos cunha cita breve:
 
  • GPL, ou Licenza Pública Xeral de GNU. É unha licenza creada a mediados dos 80 orientada a protexer a libre distribución e modificación de software.  Lliurex, por exemplo, distribúese baixo esta licenza.
  • GFDL, ou Licenza de documentación libre de GNU. É a licenza baixo a que se distribúen manuais, libros de texto, e outros materiais que acompañan ao software GNU.
  • EUPL, ou Licenza Pública da Unión Europea. Planéase  liberalizar baixo esta licenza programas pertencentes ás administracións públicas.
  • PDL, Licenza de Documentación Pública. É utilizada, entre outros, por OpenOffice.

Como publicar baixo estas licenzas?

Do mesmo xeito que coas licenzas Creative Commons, se queremos publicar baixo algunha destas licenzas basta con incluír unha anotación que faga referencia á licenza utilizada.