Saltar navegación

ODE - Empaquetado

Aínda despois de incluír a información de secuenciación, podémonos atopar con varios ficheiros. Que se fai para manexalos a todos? Non sería máis sinxelo dispoñer dun só ficheiro por recurso didácticoo? Habitualmente, os estándares educativos definen tamén un empaquetado: converter todos os ficheiros nun único paquete. Na práctica, este empaquetado é tan sinxelo como comprimir todos os arquivos nun único arquivo ZIP (tal e como podería facer calquera usuario cunha aplicación como 7-zip ou Winzip).