A Lúa
A partir das bases de datos da NASA, USGS e IAU obtívose información dos cráteres da Lúa.

As Constelacións
- Obtivéronse as coordenadas das estrelas a partir do applet de GeoGebra do artigo A Celestial Sphere Model in GeoGebra (2022).
- Modelizouse unha esfera de radio 108 unidades para manter toda a visualización contida dentro da esfera celeste.

O sistema Solar
- Incorporáronse todos os planetas, o Sol e Plutón.
- Axustáronse as escalas: reducíronse distancias e aumentáronse tamaños para mellorar a visualización.
- Aplicáronse texturas da NASA para representar as superficies planetarias.
- Integrose o mapa 2D como xanela móbil sincronizada co entorno 3D.
- Engadíronse botóns para posicionar a cámara en cada planeta e ocultar o mapa.
