As xeodésicas son curvas que representan o camino máis curto entre dous puntos dunha superficie.
Xeodésicas na esfera
Para determinar a ruta máis curta entre dous puntos na esfera de GeoGebra:
- Trazouse o plano que pasa por estes puntos e polo centro da esfera.
- Intersectouse o plano coa esfera, obtendo un círculo máximo.
- Trazouse o arco de circunferencia que une os puntos.
Xeodésicas no mapa
Unha vez representada a curva xeodésica na esfera, proxectaron o seu trazado nun mapa bidimensional.
- Colocaron un punto móbil sobre a curva que se desprazaba controlado por un deslizador.
- Proxectaron este punto no mapa 2D deixando un rastro ao moverse.
Órbita xeodésica
Para visualizar a ruta completa da xeodésica, creouse un applet interactivo cun satélite en 3D que orbita ao redor da Terra seguindo a xeodésica.
Xeodésicas en processing
Calcular as rutas en Processing foi máis complexo que en GeoGebra:
- Interpoláronse 500 puntos entre os dous puntos iniciais, asignándolles vectores tridimensionais desde o centro da Terra.
- Estes vectores foron normalizados e transformados a coordenadas esféricas.
- Aplicouse a proxección cartográfica seleccionada a cada punto da ruta e representouse graficamente.
