
Os recursos cREAgal son recursos educativos abertos (REA) elaborados por profesorado galego.
Ligazón aos recursos: https://recursos.edu.xunta.gal/creagal
As situacións de aprendizaxe convértense en pontes entre o currículo e a realidade.
A continuación móstranse algunhas propostas listas para levar á aula.
De ponte a ponte
Ligazón ao recurso en cREAgal
Este recurso pretende que o alumnado estime e mida diferentes magnitudes, así como que aprenda a recoñecer os elementos da xeometría plana calculando a súa área. Todo iso a través de construcións onde a auga está presente ao longo dun río.
Autores: Patricia Blanco Sastre, Débora Pereiro Carbajo, Jose Antonio Valiña Alonso
E ao final, o Faro!
Ligazón ao recurso en cREAgal
Este recurso pretende que o alumnado aprenda a recoñecer os elementos da xeometría tridimensional a través dos faros históricos e singulares do patrimonio galego.
Autores: Patricia Blanco Sastre, Jesús Manuel Díaz López, Débora Pereiro Carbajo