As loxodrómicas son curvas na esfera que seguen un rumbo constante, cortando todos os meridianos co mesmo ángulo.
Loxodrómica na esfera
Para calcular a ruta loxodrómica entre dous puntos, aproveitouse a característica da proxección de Mercator, na que a loxodrómica se representa como liña recta no plano.
- Calculouse no mapa de Mercator trazando un segmento entre os puntos.
- Aplicouse a función inversa de Mercator aos puntos ao longo do segmento.
- Uníronse os puntos resultantes na esfera.
Loxodrómica nos mapas
- No mapa de Mercator, a loxodrómica obtense trazando o segmento que une os dous puntos.
- Noutras proxeccións:

- Colocamos dous puntos no mapa da proxección desexada e, mediante a inversa da súa proxección, transportámolos á esfera 3D.
- Usamos a función de Mercator para proxectar estes puntos (onde as loxodrómicas son liñas rectas) e trazamos o segmento que os une.
- Dividimos o segmento en n puntos e aplicamos a función inversa de Mercator, obtendo así os puntos da loxodrómica na esfera. Proxectamos estes puntos sobre o plano inicial.