Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato
Section outline
-
-
Podedes subir aquí os vosos traballos voluntarios.
Lembrade pasalos a pdf
-
Subide aquí os informes de prácticas.
Lembrade que a presentación e lexibilidade do material é importante. Non esquezades pasalo a formato pdf para que non haxa problemas á hora de que eu os poida ler.
E lembrade tamén que a avaliación témola o martes día 10 e que eu teño que poñer as notas como moi tarde o luns, e vou precisar tempo para corrixir. Polo tanto:
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: DOMINGO, 8 DE XUÑO ÁS 12:00 DA MAÑÁN!!!
-

O obxectivo deste tema é o de presentar a constitucion química da materia viva e familiarizarnos coa estrutura química dos principais tipos de moléculas orgánicas coas que traballaremos. Trátase dun tema moi importante de cara á materia de bioloxía de 2º de Bacharelato, no que a bioquímica ten un papel esencial.
-
Leremos a continuación un texto que tenta determinar que é a vida e cales son as diferenzas entre os procesos que definen aos seres vivos e á materia inerte. Ao final do texto plantéxanse unha preguntas que debedes contestar e subir na tarefa que hai a continuación
-
Subide nesta tarefa o guión da práctica que tedes que desenvolver no laboratorio.
Para facer o guión presta atención ás instrucións que se dan no documento que tes na tarefa.
-
Esta é a presentación que empregaremos na aula para presentar os principais tipos de moléculas orgánicas.
-
Neste boletín hai preguntas que saíron en exames de cursos anteriores. Pode resultarvos de utilidade para reviasr a materia.
-
-
-
Esta é a presentación que empregaremos en clase para explicar o tema.
-
No seguinte documento tedes preguntas de exames de outros anos.
Podedes facelas e enviarmas para que volas corrixa ou preguntar en clase calquera dúbida que vos xurda.
-
-
Nesta presentación podedes ver algúns organismos unicelulares que presentan grandes semellanzas coas células que forman algunhas colonias. Nestas colonias, as células que a forman son todas iguais se ben, nalgúns casos, comenza a darse nelas un reparto na execucións dalgunhas funcións vitais
-
Na aula empregaremos esta presentación para falar dos tecidos vexetais
-
Neste enlace tedes ilustracións de cortes de tecidos animais e vexetais que vos poden resultar de moita utilidade para interpretar o que atopedes nas preparacións que imos empregar nestas prácticas.
-
Podedes entregar por aquí os vosos comentarios ás prácticas de histoloxía (Tecidos vexetais e animais)
-
-

-
Neste tema imos estudar o concepto de biodiversidade e as teorías científicas que explican como se orixina a biodiversidade. Neste artigo faise unha revisión dos problemas que conleva a perda da biosidersidade.
-
Artigo de El Diario.es no que se tratan as consecuencias de actividades humanas que producen perda de biodiversidade e a súa relación coa pandemia provocada polo coronavirus.
-
-

-
Na aula aprendimos a empregar unha chave dicotómica sinxela que nos permitiu clasificar algúns dos fentos presentes nos ecosistemas máis cercanos a nos.
Trátase agora de poñer en práctica o aprendido e buscar eses fentos no seu hábitat natural. O que tedes que facer É:
Identificar a lo menos cinco fentos silvestres (non o tentedes con fentos cultivados, pois pode ser moito máis difícil).
Deberedes subir un documento no que presentedes unhas fotos que permitan a identificación clara do fento. Para iso, faredes a foto mostrando detalles da planta (Forma da fronde, sores, rizoma, presencia de escamas, etc) e tamén unha foto do fento completo no seu hábitat natural na que se poida ver, ademais, un papel no que apareza :
Especie do fento
Localización
Data
Nome do autor da foto (que lóxicamente, debedes ser cada un de vos).
Para identificar os fentos podedes empregar a chave dicotómica que vimos nas prácticas. Tedes un documento cunha copia. Tamén podedes empregar a app plantnet, ou outra app de identificación de especies vexetais que atopedes.
Data límite para entregar o traballo: domingo, 26 de xaneiro ás 24:00 h
-
Na seguinte presentación que imos empregar na aula recóllense imaxes dos principais Philum do reino animal.
-
-
-
En clase explicamos que os estomas abren ou pechan porque a planta fai entrar ou saír ións K+ nas células oclusivas. Pero, que é o que regula e entrada ou saída de potasio?. Este artigo axuda a aclarar esa cuestión
-

Empregaremos a aula virtual para subir as presentacións e documentos cos que traballaremos na aula e que non estean no libro dixital. Tamén para entregar as actividades que se propoñamos.
-
Presentación que veremos en clase con imaxes que poden ser de utilidade para ilustrar o tema
-
O fígado é un órganos que permite aos animais que o presentan manter a súa actividade biolóxica en períodos nos que non están a inxerir alimentos.
-
Sube aquí as preguntas do documento anterior
-
Podedes entregar aquí a prácticas
-

-
ESTUDIO E OBSERVACIÓN DE FLORES.
Material: - Diversos exemplares de flores silvestres
- Lupa
- Agullas con mango
PROCEDEMENTO.
Durante estas prácticas observaremos flores das principais familias de anxiospermas.
Para cada familia deberás observar e describir as estruturas florais. Fai debuxos que ilustren o que ves. Tamén podes presentar algunha fotografía.
- Cáliz: nº de sépalos, forma, libres ou soldados entre eles, color.
- Corola: nº de pétalos, libres ou soldados entre eles, iguais ou non, color.
- Androceo (órganos masculinos da flor): nº de estames, disposición (soldados á corola ou non, forma, etc. ), punto de inserción.
- Xineceo (Órganos femininos da flor): Forma do estigma, carpelos libres ou soldados, forma do ovario, situación do ovario (Súpero ou ínfero).
As familias que estudaremos serán:
Papilonáceas ( legumes )
Crucíferas.
Xeraniáceas.
Labiadas
Compostas
Gramíneas
Umbelíferas
Presentarás unha ficha para cada unha das familias tratadas.
-
Nesta carpeta tedes ilustracións con esquemas das estruturas florais das principais familias de plantas anxiospermas.
-
-
-
Neste enlace tedes unha explicación detallada que relaciona qa gráfica do potencial de acción cos movementos de ións a ambos lados da membrana da neurona.
-

-
Neste timelapse podemos ver como una soa célula se convirte nun organismo completo en seis minutos.
-
-
Neste tema estudaremos como os xeólogos empregan as rochas para ler a súa mensaxe e con ela reconstruír a historia da vida no planeta.
Traballaremos tomando como base o noso libro e texto. Recoméndovos que empreguedes o libro en formato electrónico, pois neldesde el podedes acceder directamente a algúns recursos que nos van resultar moi útiles.
-
Este é un exercicio de interpretación dun corte xeolóxico que podedes presentar de xeito voluntario para mellorar a vosa cualificación.
O exercicio está en formato editable. Podedes descargalo, contestar as preguntas sobre o mesmo documento e subilo novamente. Se o facedes en colaboración con máis compañeiros ou compañeiras, debedes indicar o nome dos que participaron. Ainda así, cada un deberá subir o seu documento.
A data límite de entrega é vindeiro domingo a medianoite.
-
A continuación tedes tres documentos. O primeiro son catro casos prácticos moi sinxelos. Propoño que tentedes resolvelos antes de ver as solucións, que están no seguinte documento.
O terceiro son outros casos prácticos para que descarguedes, resolvades e entreguedes.
-
Algo que estades a ver nos cortes xeolóxicos, é que nunha mesma rexión hai materiais que se orixinaron no mar e materiasi de orixe continental. Quere dicir iso que os océanos ocuparon e desocuparon repetidas veces os continentes? Pois si.
Ao avance dos océanos sobre o continente chamámoslle Transgresión e á súa retirada, Regresión.
O seguinte vídeo explica de xeito bastante claro eses dous conceptos.
-
Neste documento tedes explicados e distribuídos os traballos que tedes que facer.
Para as dúbidas que teñades e para calquera proposta que qeirades facer, empregade o foro do traballo que vai a continuación. Os traballos os entregares con data límite do vindeiro día 30 de abril.
-
Á hora de afrontar o estudo da estrutura interna do planeta interésanos coñecer as partes nas pensamos que está dividida a Terra por dentro, pero como estudantes de ciencias interésanos aínda máis coñecer os métodos polos que acadamos ese coñecemento.
-
Nesta presentación explícase como se pode determinar o radio da Terra medindo á mesma hora a sombra que fai un pau en dous lugares suficientemente afastados.
-
Neste documento tedes desenvolvido un caso práctico de determinación dun epicéntro sísmico a partir do rexistro das ondas P e S dun mesmo seismo en catro estacíons sismolóxicas de distintos puntos do planeta.
Na primeira parte explica como tedes que facelo. a continuación, propón un caso práctico para que o resolvades.
-
Sube aquí o traballo que está explicado no documento anterior
-
Sube aquí as solucións aos exercicios do cdocumento anterior. Tamén podes empregar o texto en liña para trasladar as posibles dúbidas
-
Neste boletín atoparás preguntas sobre os diferentes contidos do tema sobre estrutura da Terra. O obxectivo é facer a través delas unha revisión do tema que permita fixar algunha das ideas máis importantes que contén.
Traballarémolo en clase repartindo as preguntas e contestándoas entre todos. Unha vez contestadas tedes que recoller as respostas entregalas nun documento nesta tarefa.
-
Neste documento tedes un comentario sobre os contidos do tema 8 no que destaco que é o que quero que aprendades e do que é menos importante. Espero que vos resulte útil.
-
A Teoría de Tectónica de Placas é unha teoría sintética. Ten a capacidade de reunir todos os coñecementos e hipóteses existentes ata o momento sobre a orixe e procesos de formación dos principais fenómenos xeolóxicos que se producen na superficie do planeta (Sismicidade, vulcanismo, formación de cordilleiras, fosas oceánicas, océanos, dorsais oceánicas) e unificalas nunha única teoría que ten a capacidade de exlicalos tomando como base centrar a dinámica das placas litosféricas movidas pola enerxía térmica do interior da Terra.
Neste tema explicaranse os antecedentes desta teoría, as probas que a demostran e tamén os fenómenos que aínda quedan por explicar. traballaremos principalmente co libro de texto e con algúns materiais que iremos csubindo á aula virtual.

-
Esta presentación vainos ser de utilidade para a exposición do tema na aula. Tamén podedes empregala para preparar o tema de cara ao exame.
-
Neste vídeo Xacobo de Toro e Adela Otero explicanos o ciclo de Wilson. Nel cóntanos como as diferentes estruturas e fenómenos relacionados coa Tectónica de Placas fannos pensar que o movemento das placas litosféricas forma parte dun ciclo que se ten repetido ao longo da historia xeolóxica do planeta.
-
No seguinte documento tes preguntas feitas en exames desta materia en anos anteriores. Podes empregalo para revisar os teus coñecementos.
Se algunha pregunta te plantexa dúbidas, podes preguntalas en clase ou a través do seguinte foro de dúbidas.
Como recomendación, propoño que, sobre todo as preguntas que te poidan parecer máis complicadas, tenta a contestalas pro escrito.
-
Podedes entregar aquí os vosos boletíns para a súa corrección.
Tedes aquí o boletín en formato editable para que poidades escribir as vosas respostas no mesmo documento.
-
-
-
En clase faleivos desta publicación da revista National Geografic. Recomendo a súa lectura
-
O ficheiro contén un diagrama no que se reunen e relacionan os principais conceptos tratados no tema. Pódete resultar de utilidade, pero lembra: o mellor esquema será o que fadas ti despois de facer unha lectura comprensiva do tema e resolver dúbidas. En todo caso, espero que este te poida server de referencia ou punto de partida.
-
Esta presentación pode resultar de utilidade para revisar os contidos do tema.
-
Neste enlace tedes un artigo acompañado dalgúns pequenos vídeos. Neles relátase e ilústrase unha potente erupción submariña.
-
Presentamos aquí varios enlaces sobre a erupción do volcán St. Helesn en maio de 1980, unha das erupción mellor documentadas, pois foi seguida en directo por miles de científicos e periodistas.
-

-
Presentaremos o tema na clase tomando como base estas dúas presentacións.
-
Achéganse aquí dous diagramas conceptuais que poden ser de utilidade para a comprensión global do tema.
-
O mapa topográfico é a representación do relevo. A súa comprensióne emprego é imprescindible para coñecer e estudar o relevo do territorio. a seguinte presentación explica como se levanta un perfil topográfico tomando como base un mapa sinxelo.
-
Tedes aquí preguntas de exames de outros anos. Empregádeo como axuda para estudar.
-
Tedes aquí os guións das práctics de petroloxía (estudo das rochas)
Como sempre, tedes que presentar un informe coas vosas anotacións e as respostas ás cuestións que se plnatexan.
Os guións están en formato editable, polo que os podedes descargar, introducir as respostas e todo o que queirades engadir, e subilas novamente.
-
Escribide aquí as dúbidas que vos poidan xurdir das preguntas de exames do ficheiro anterior
-


