Tema 12. Historia da vida na terra
Section outline
-
Neste tema estudaremos como os xeólogos empregan as rochas para ler a súa mensaxe e con ela reconstruír a historia da vida no planeta.
Traballaremos tomando como base o noso libro e texto. Recoméndovos que empreguedes o libro en formato electrónico, pois neldesde el podedes acceder directamente a algúns recursos que nos van resultar moi útiles.
-
Este é un exercicio de interpretación dun corte xeolóxico que podedes presentar de xeito voluntario para mellorar a vosa cualificación.
O exercicio está en formato editable. Podedes descargalo, contestar as preguntas sobre o mesmo documento e subilo novamente. Se o facedes en colaboración con máis compañeiros ou compañeiras, debedes indicar o nome dos que participaron. Ainda así, cada un deberá subir o seu documento.
A data límite de entrega é vindeiro domingo a medianoite.
-
A continuación tedes tres documentos. O primeiro son catro casos prácticos moi sinxelos. Propoño que tentedes resolvelos antes de ver as solucións, que están no seguinte documento.
O terceiro son outros casos prácticos para que descarguedes, resolvades e entreguedes.
-
Algo que estades a ver nos cortes xeolóxicos, é que nunha mesma rexión hai materiais que se orixinaron no mar e materiasi de orixe continental. Quere dicir iso que os océanos ocuparon e desocuparon repetidas veces os continentes? Pois si.
Ao avance dos océanos sobre o continente chamámoslle Transgresión e á súa retirada, Regresión.
O seguinte vídeo explica de xeito bastante claro eses dous conceptos.
-
Neste documento tedes explicados e distribuídos os traballos que tedes que facer.
Para as dúbidas que teñades e para calquera proposta que qeirades facer, empregade o foro do traballo que vai a continuación. Os traballos os entregares con data límite do vindeiro día 30 de abril.