Tema 9. A RELACIÓN E REPRODUCIÓN NAS PLANTAS
Section outline
-

-
ESTUDIO E OBSERVACIÓN DE FLORES.
Material: - Diversos exemplares de flores silvestres
- Lupa
- Agullas con mango
PROCEDEMENTO.
Durante estas prácticas observaremos flores das principais familias de anxiospermas.
Para cada familia deberás observar e describir as estruturas florais. Fai debuxos que ilustren o que ves. Tamén podes presentar algunha fotografía.
- Cáliz: nº de sépalos, forma, libres ou soldados entre eles, color.
- Corola: nº de pétalos, libres ou soldados entre eles, iguais ou non, color.
- Androceo (órganos masculinos da flor): nº de estames, disposición (soldados á corola ou non, forma, etc. ), punto de inserción.
- Xineceo (Órganos femininos da flor): Forma do estigma, carpelos libres ou soldados, forma do ovario, situación do ovario (Súpero ou ínfero).
As familias que estudaremos serán:
Papilonáceas ( legumes )
Crucíferas.
Xeraniáceas.
Labiadas
Compostas
Gramíneas
Umbelíferas
Presentarás unha ficha para cada unha das familias tratadas.
-
Nesta carpeta tedes ilustracións con esquemas das estruturas florais das principais familias de plantas anxiospermas.
-