Tema 14. TECTÓNICA DE PLACAS
Section outline
-
A Teoría de Tectónica de Placas é unha teoría sintética. Ten a capacidade de reunir todos os coñecementos e hipóteses existentes ata o momento sobre a orixe e procesos de formación dos principais fenómenos xeolóxicos que se producen na superficie do planeta (Sismicidade, vulcanismo, formación de cordilleiras, fosas oceánicas, océanos, dorsais oceánicas) e unificalas nunha única teoría que ten a capacidade de exlicalos tomando como base centrar a dinámica das placas litosféricas movidas pola enerxía térmica do interior da Terra.
Neste tema explicaranse os antecedentes desta teoría, as probas que a demostran e tamén os fenómenos que aínda quedan por explicar. traballaremos principalmente co libro de texto e con algúns materiais que iremos csubindo á aula virtual.

-
Esta presentación vainos ser de utilidade para a exposición do tema na aula. Tamén podedes empregala para preparar o tema de cara ao exame.
-
Neste vídeo Xacobo de Toro e Adela Otero explicanos o ciclo de Wilson. Nel cóntanos como as diferentes estruturas e fenómenos relacionados coa Tectónica de Placas fannos pensar que o movemento das placas litosféricas forma parte dun ciclo que se ten repetido ao longo da historia xeolóxica do planeta.
-
No seguinte documento tes preguntas feitas en exames desta materia en anos anteriores. Podes empregalo para revisar os teus coñecementos.
Se algunha pregunta te plantexa dúbidas, podes preguntalas en clase ou a través do seguinte foro de dúbidas.
Como recomendación, propoño que, sobre todo as preguntas que te poidan parecer máis complicadas, tenta a contestalas pro escrito.
-
Podedes entregar aquí os vosos boletíns para a súa corrección.
Tedes aquí o boletín en formato editable para que poidades escribir as vosas respostas no mesmo documento.
-