No xogo de pedra papel tesoira queremos facer o seguinte:

  • repetir a ronda
  • contar o nº de rondas ata chegar a 5 (por exemplo)
  • contar o nº de victorias do humano e do ordenador (os empates non puntúan)
  • dicir ao final quen gañou a partida (ou se houbo empate)

Primeiro creamos as seguintes variables:

  • nº de partidas: vai contar o nº de partidas, obvio
  • puntos humano: obvio tamén
  • puntos ordenador: o mesmo

E facemos unha cousa importante: resetear as variables ata 0 ao principio da partida. Isto é fundamental por que as variables quedan gardadas dunha partida a outra.

Agora decidimos onde introducimos as variables e cando imos modificar o seu valor.

  • a que conta partidas o mellor é facelo ao principio da ronda, aumentando o seu valor
  • a que conta os puntos temos que aumentala cada vez que gañemos unha ronda.
  • Neste exemplo decidimos non puntuar os empates.

Fíxate onde introducimos o comando de sumar 1 á cada variable.

Cando chegues ata aquí é fundamental probar o programa, a ver se puntúas cando gañas.

E agora creamos o bucle para repetir a ronda tantas veces como queramos. hai varios tipos de bucles en Scratch. Imos utlizar un que repite as ordes ata que se cumpra unha ou varias condicións, chamado repetir ata.

Neste exemplo o bucle que escollemos vai repetirse ata que suceda unha das seguintes condicións: pasaron 5 rondas, ou un dos dous xogadores alcanzou os 3 puntos e polo tanto gañou a partida. Como ves usamos un bloque OU para facer isto.

O único que temos que facer é introducir o código que escribimos para unha ronda no bucle, e así a partida vai repetirse ata que se cumpra unha das condicións indicadas no bucle

Agora só queda un traballo por facer (tes que programalo ti para sacar un 10):

  • crea un condicional que indique quen gañou comparando as variables.
  • se foi o humano ten que felicitalo e se perdeu tes que desexarlle máis sorte a vindeira vez (ou insultalo, ti escolles)
  • se houbo empate terá que decilo

Se vas moi rápido podes facer que cambie o fondo en distintas fases da partida.

Última modificación: domingo, 6 de outubro de 2024, 10:56 AM