O uso dos bloques lóxicos son fundamentais para facer un programa "intelixente", que compare información e tome decisións. Normalmente usámolos dentro de condicionais, e podemos engadir un dentro de outros.

Nun condicional simple executamos o código cando a condición é verdadeira, true en inglés (exemplo: se a pregunta foi a idade, usamos un operador maior que para se ten máis de 18 anos deixalo entrar). Cando temos dúas ou máis condicións (por exemplo, con dúas variables, idade e xénero) queremos tomar decisións en base aos posibles valores.

O bloque OU (en inglés OR, en matemáticas + [ollo, non confundir coa suma arimética]):

  • usámolo cando queremos executar algo se algunha das dúas condicións é verdadeira

O bloque E (en inglés AND, en matemáticas x):

  • usámolo cando queremos executar algo se as dúas condicións ao tempo son verdadeiras

Para complicar o programa e as decisións podemos inserir uns bloques dentro doutros. É coma usar parénteses en aritmética. No exemplo de abaixo usamos 2 bloques E dentro dun bloque OU: se as 2 condicións da esquerda OU as 2 decisións da dereita son verdadeiras ao tempo entón executamos o código.

Última modificación: domingo, 22 de setembro de 2024, 5:10 PM