As técnicas básicas iniciais son:

  • resetear (poñer a cero, anular) as variables, pois quedan gardadas da vez anterior e iso pode crear problemas. Poñer o fondo inicial.

  • ao facer unha pregunta a resposta queda gardada nunha variable automática chamada resposta. Se vas facer máis preguntas debes gardar este valor nunha variable creada por ti (isto chámase asignar un valor á variable, darlle un valor que logo pode variar)
     
  • cada nova pregunta podes gardar a súa resposta noutra variable ou ben sustituir o valor da variable.
  • nun modo máis avanzado poden gardarse o valor das respostas nunha lista, de tal xeito que podemos percorrer en orde as respostas.
  • cada variable almacenada pode compararse con un valor de referencia usando un condicional e un operador de igual, de menor que ou maior que (exemplo: (pregunta) idade?. resposta: 15. É maior ou menor de 18?. Se afirmativo, pode entrar na discoteca; se non, queda fora.).
  • Se tes varias posibles respostas (no caso da pregunta de xénero, por exemplo) podes programar de dous xeitos:
    • con condicionais simples, un para cada resposta (es home? Si, pois entra no baño de homes...). En inglés isto é un condicional tipo IF...THEN (se isto é verdade entón fai isto).
    • con condicionais alternativos ou compostos, onde temos dúas ou máis respostas posibles (pero sempre un número concreto delas) e imos seleccionando a resposta verdadeira (exemplo: tes menos de 18 anos?. Dúas posibilidades: SI e NON (o cal significa que tes máis). Con condicionais compostos poderíamos discernir máis tipos de respostas. (tes máis de 18 e menos de 30? tes máis de 30 e menos de 50?, etc...).

  • Ollo, é importante saber que as respostas escrita non son iguais se están minúsculas ou en maiúsculas (non é o mesmo "home" que "Home"). E tamén que se alguén escribe algo que non contempla o condicional o programa simplemente seguirá cara abaixo, non detecta o erro na escritura.
 
  • se queremos que repita as preguntas usamos un para sempre ou outro tipo de bloque iterativo (de momento non está posto, pero podes probar).
  • cando queremos discernir entre unha única resposta e calquera outra podemos usar o operador non no condicional (exemplo: de que equipo es?. Se NON es do Celta, escribo unha cousa, se es do Celta (escrito en minúscula) outra distinta).

Ao final o programa ten que quedar secuenciado, claro:

Última modificación: domingo, 14 de setembro de 2025, 1:33 PM